Sectores

Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na lista única de limpeza e cociña

Publícase hoxe en DOG a RESOLUCIÓN da D.X. da Función Pública,pola que se fai pública a relación de persoas admitidas e excluídas con carácter definitivo que solicitaron a inclusión na lista única para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal da agrupación profesional do persoal funcionario da Admón xeral, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, ao abeiro do establecido no artigo 4.1 da Orde do 20 de xullo de 2021.

Podes consultar as listas:

  • Nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Información que figura nas listas:

  • As persoas solicitantes admitidas na lista única, ao abeiro da Resolución do 12 de abril de 2023, procedentes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes con indicación da puntuación definitiva resultante da aplicación do baremo, conforme o establecido no artigo 6 e na disposición transitoria primeira da Orde do 20 de xullo de 2021, en relación co seu artigo 2.
  • Persoas solicitantes admitidas na lista única, ao abeiro da Resolución do 12 de abril de 2023, procedentes das solicitudes presentadas no prazo do 2023 nas listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes segundo o punto sétimo da dita resolución, con indicación da puntuación definitiva resultante da aplicación do baremo, conforme o establecido no artigo 6 e na disposición transitoria primeira da Orde do 20 de xullo de 2021, en relación co seu artigo 2
  • As persoas excluídas ao abeiro da Resolución do 11 de outubro de 2021, coa causa de exclusión

Entrada en vigor da lista:

A partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.