Datas: do 10 ao 26 de outubro.
Duración: 31 horas.
Modalidade: en liña.
Gratis.
Os obxectivos xerais que queremos acadar con este curso, son os seguintes:
- Coñecer o Plan de Prevención e Actuación fronte a situacións conflitivas ou agresións en centros sanitarios e a súa aplicación.
- Comprender os diferentes sistemas de prevención existentes fronte a violencia en centros sanitarios.
- Coñecemento dos factores de risco relacionados con unha conducta agresiva.
- Recoñecer os indicadores de risco máis frecuentes previos a unha agresión.
- Adquirir técnicas para avaliar e manexar situacións violentas nos centros sanitarios.
Cada curso terá unha duración de 31 horas e o programa que se levará a cabo será o seguinte:
- Módulo 1. Introdución á violencia nos centros sanitarios.
- Módulo 2. Marco legal .
- Módulo 3. Criterios xerais para a prevención de situacións de violencia nos centros sanitarios.
- Módulo 4: Técnicas de comunicación na prevención do conflito.
- Módulo 5: A intelixencia emocional como técnica de afrontamento de situación de violencia.