ÁREAS

Curso de Prevención de Riscos Laborais Básico

Dentro do Plan de Formación de UGT Confederal (N230003AA) para o Diálogo Social e a Negociación Colectiva, e co obxecto de dotarnos de ferramentas para o mellor desempeño das nosas funcións, anunciámosvos que realizaremos un novo curso formativo de “Prevención de Riscos laborais. Nivel básico”, en modalidade Telemática, cuxo contido será:

  • Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
  • Riscos xerais e a súa prevención.
  • Riscos específicos e a súa prevención no sector establecido.
  • Elementos básicos de xestión da prevención.
  • Primeiros auxilios.

A data de inicio é o 6 de novembro 2023 cun total de 50 horas.

Previa inscrición, enviarase o calendario do curso e o acceso á plataforma.

O prazo de inscrición finaliza o día 30 de outubro de 2023.

INSCRÍBETE AQUÍ!

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.