Como continuación da reunión do día 14, onte tratouse o punto seguinte:
BORRADOR DE BASES DO CONCURSO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL:
Abren prazo de alegacións ao borrador ata o venres 22.
PODES CONSULTAR AQUÍ O NOVO BORRADOR
Sobre as cuestións formuladas verbalmente o Director Xeral responde o seguinte:
Participación do persoal funcionarizado:
A participación deste persoal recóllese expresamente na base A.3.3, ao citar que se terá en conta o traballo desenvolvido na categoría profesional na que se realizou a funcionarización e considerarase como nivel de destino o nivel do posto no que se funcionarizou. A base A.3.4 recolle que o traballo desenvolvido como persoal laboral en grupos ou categorías distintas ás que se funcionarizou, considerarase o nivel mínimo do subgrupo equivalente.
Adscrición por motivos de saúde:
A LEPG regula no artigo 98 a mesma, pero o 89.2, recolle expresamente os postos que non poden ser ofertados en concursos de traslados, citando que entre eles son os que están ocupados por causas de saúde. Non obstante si existe a obriga, para as persoas que están nesa situación, de concursar a postos na localidade na que está adscrito, precisamente para que teña un posto con carácter definitivo, se non perde a situación.
En todo caso logo de escoitar as intervencións conclúe que valorarán a posibilidade de dar unha redacción sobre a cuestión, co fin de que se podan ofertar as prazas ocupadas por razóns de saúde, sempre que as persoas en adscrición acaden praza no concurso, causa que libera o posto que viñan ocupado e permite que sexa ofertado.
Oferta de postos:
Transmite que a intención da Dirección Xeral é que saian todos os postos, é dicir os ocupados por funcionario fixo, interino incluíndo os que están en estabilización da Lei 20/21. A idea que manexan é a de intentar coordinar as tomas de posesión dos distintos procesos co concurso de traslados. Sairán polo tanto todos os postos, salvo aqueles que as consellerías certifiquen que van a amortizar ou realizar algunha modificación substancial sobre o mesmo.
Preguntado sobre a inclusión de prazas de persoal laboral fixo, non funcionarizado en adscrición provisional, comunica que o van a estudiar, en principio opina que incluílos pode causar máis distorsión que beneficio, pedirán a opinión a este respecto ás OOSS.
Concurso específico:
Ante a petición realizada de que a súa implementación supón o incremento de prazas, verán si é posible poñelo en marcha nalgúns supostos, son conscientes de que é unha petición de practicamente todas as OOSS, e libera postos para os concursos, o mirarán.
Formación:
A pretensión de Función Pública é convocar o concurso de maneira similar ao que teñen proposto, polo que calquera modificación das bases que implique novacións importantes sobre o programa informático retrasaría a súa convocatoria e resolución. Polo que confirma que están traballando coa intención de poder incluír aqueles organismos que non supoñan complicación e dos que teñan posibilidade de comprobar os cursos con facilidade.
Recoñecen que en formación debería irse a unha maior especialización, sobre todo na administración especial, pero nestes momentos que non teñen o expediente electrónico listo, podería supoñer retrasar a resolución dos concursos.
O período proposto de 20 años para os cursos, o mirarán, son conscientes que o acceso aos cursos na EGAP non é xeneralizado pola cuestión das penalizacións, e que teñen que cambialo, tamén como o formulou algunha Organización no Consello Reitor da Escola (UGT solicitou nos últimos Consellos unha revisión desta cuestión, non pode ser que unha persoa realice 10 cursos nun ano e a outras non se lle conceda ningún, aquí pódense ver os efectos desa xestión).
Prioridade na execución dos concursos:
Na reunión do xoves comentou que sairán primeiro os 10 concursos de escalas e especialidades da Consellería de Política Social e Xuventude, porque nestes momentos son dos que levan máis tempo sen concurso de traslados e teñen unhas características especiais. As previstas son: Medicina, Psicoloxía, Enfermería, Educación Social, Traballo Social, Fisioterapia, Terapia Ocupacional, Auxiliar de Clínica, TEXI, Pedagoxía. A afectación estimada é de 576 persoas.
As seguintes en convocar serán as Enxeñerías e Persoal Veterinario.
UGT formulou a necesidade de incluír as escalas de Bombeiro/a Forestal, en atención a que son varios os procesos que están en provisional a expensas da convocatoria de concursos, para a toma de posesión definitiva. Na reunión do venres confirmou que están traballando con esta opción, e que consultarán coas OOSS, non descartando esta opción.
Contra finais de mes teñen previsto poder ter a calendarización de todos os procesos.
Puntuación por conciliación:
Contra a alegación do límite aos 5 anos das excedencias por coidado de fillos e familiares, remítese ao imperativo legal regulado no artigo 51 Decreto lexislativo 2/2015, polo tanto é inamovible.
Expuxéronse, dentro do concepto de conciliación outros parámetros, como pode ser a non convivencia cos familiares aos que se coida, aínda que confirman que o analizarán insisten na posibilidade de falsidade se non existe un documento que contraste a situación, maniféstanse en que se deben garantir a protección de datos e a do procedemento, que permita escapar dos posibles fraudes.
Comisións de servizo:
Á solicitude de que se obrigue a manterse no posto obtido por concurso durante un período de tempo (1 ou 2 anos), antes de poder optar a unha comisión de servizo, responden que se trata dun tema complicado, manifestando que tamén é certo que si son capaces de pechar os procesos de estabilización, as tomas de posesión provisionais e os concursos respectivos non deberían quedar moitas vacantes, irán mirando e valorando.
UGT manifestamos que a valoración do tempo traballado en comisión de servizos debe valorarse no posto de orixe, e que isto será unha liña vermella para a aprobación das bases. Sobre esta cuestión din que o analizarán e darán opinión cando corresponda.
ROGOS E PREGUNTAS:
- Coordinación na resolución de procesos selectivos da Lei 20, entre a administración xeral da Xunta de Galicia e os seus entes instrumentais, responde que o intentarán.
- Convocatoria da Comisión Paritaria do VCCU: Mirarán para intentar convocala o antes posible.
- Modificación do Decreto de listas de contratación:
- Recoñecen que o seu sería modificar o decreto de forma global, negociar un novo decreto, pero que neste momento é inviable. Respecto as cuestións formuladas:
- A modificación sobre a posibilidade de elección da nota dos dous últimos procesos selectivos, co fin de evitar que as persoas se teñan que presentar aos procesos de estabilización da Lei 20, darán resposta o vindeiro martes.
- Sobre a unificación das categorías de Medio Rural en listas, comunica que están traballando coa Consellería e farán unha reunión informativa coas OOSS. En principio a idea é a parte da lista de persoal funcionario, manter a de determinadas categorías de laborais, sinaladamente as de 6 meses, que teñen un número importante de persoas. Recoñecen que con isto romperíase o esquema que se ven seguindo ata este momento, pero parécelles o máis lóxico aínda que supón algún problema de xestión.
- Recoñecen que o seu sería modificar o decreto de forma global, negociar un novo decreto, pero que neste momento é inviable. Respecto as cuestións formuladas:
- Acordo 2ª actividade de BBFF
- Intentarán comezar coa negociación en próximas datas, aproveitando que teñen o texto dos AAFFMM
- Traballo Social:
- Pregúntase polo bulo ao respecto de si o retraso na toma de posesión se debe a que se ten pensado esperar ao concurso para dar a posesión. Afirma que non é certo e que esperan que antes dun mes teñan convocada a elección de destino.
- Carreira profesional ordinaria:
- Preguntado ao respecto da negociación, responde que ve complicado que se produza a negociación antes de finais deste ano, pola cantidade de asuntos que están desenvolvendo.
- RPT do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar:
- Informa que esta semana remitiuse desde a dirección xeral un correo á xerencia co fin de que remita a documentación que tiña que ter remitido no pasado mes de xuño.
- Exame de PSX cambio de data do día 29 de setembro ao día 1 de outubro?
- Informa na xuntanza que a data é a do 1 de outubro, que se publicou no mes de xullo a dita modificación e anuncia que posiblemente haberá algún cambio respecto as datas dalgún segundo exame.
- Con posterioridade á reunión e postos en contacto coa Subdirección, confírmasenos que efectivamente, tal e como dicíamos na mesa, NON está publicado o cambio de data, houbo un erro nesa publicación, subsanarase o luns a través da web da DXFP.
- Proceso de Gardacostas?
- Non pode concretar porque non o teñen pechado coa consellería.