Datas: Do 9 ao 30 de outubro.
Duración: 31 horas.
Modalidade: en liña.
Gratis.
Os obxectivos xerais que perseguemos con este curso, son os seguintes:
- Realizar unha valoración da seguridade e a saúde laboral tanto a nivel xeral como na poboación infantil en concreto.
- Proporcionar a información necesaria en relación a diversos riscos comúns que poden estar presentes nos centros educativos.
- Coñecer os principais factores relacionados coa prevención de determinados riscos presentes nun centro educativo.
- Tomar conciencia da importancia da prevención de riscos nos centros escolares.
Cada curso terá unha duración de 31 horas e o programa que se levará a cabo será o seguinte:
- Módulo 1. Seguridade e saúde laboral no ensino
- Módulo 2. Riscos comúns no centro educativo
- Módulo 3. Prevención de riscos máis comúns
- Módulo 4. Accións fundamentais ante accidentes e urxencias en centros educativos.
- Módulo 5. Elaboración dun plan de auto protección escolar.