Sectores

Estabilización Xunta: Listaxes definitivas de persoas admitidas

Publicada as listaxes definitivas de admitidos da Xunta de Galicia Estabilización.

O día 5 de setembro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de Estabilización derivado da Lei 20/2021, quenda de acceso libre e concurso para os subgrupos A1, A2, Axudantes de carácter facultativo C1, Técnicos de carácter facultativo B, C2 e AP.

O día 6 de setembro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de Estabilización derivado da Lei 20/2021, quenda de acceso libre e concurso-oposición para os subgrupos A1, A2, Axudantes de carácter facultativo C1, Técnicos de carácter facultativo B, C2 e AP.

Para consultar o estado da vosa solicitude debedes acceder ao sistema FIDES mediante Chave365, DNI, e/ou Certificado Dixital.

Consulta aquí as listaxes completas de persoas admitidas e excluídas, cos motivos de exclusión.

Ademais, lembrámosvos que o 10 de maio de 2023, publicouse o calendario provisional de probas da Xunta de Galicia.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.