O Servizo de Listas de Contratación Temporal achegou hoxe ás OOSS a seguinte comunicación:
«Comunícovos que debido á modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 113, do 15 de xuño) foi necesario modificar con urxencia o establecido na Resolución do 14 de maio de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 94, do 20 de maio) en relación á proba física e de agudeza visual do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais para adaptar esta á nova proba test Pack Test; que aplicará nas listas III-100 e V-014.
Debido á necesidade inmediata de prover de persoal ás brigadas helitransportadas non foi posible esperar a vindeira Comisión Permanente.»
Achegámos o contido da resolución que será publicada no DOG do 23 de xuño.