A reunión sobre a segunda proposta de Acordo da Xunta ao respecto as condicións de traballo do persoal dos centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, comeza cunha explicación pola administración das alegacións estimadas ás organizacións sindicais.
UGT entende que se teñen que RECUPERAR DEREITOS E GAÑAR OUTROS NOVOS, descansos para o persoal, máis efectivos, compensación económica de festivos; e outros dereitos, entre eles, o de comedor, ou cuestións como contar antes de finais de ano cun protocolo contra as agresións…Nesa liña seguir avanzando…
A situación da negociación coa terceira Proposta da Xunta froito desta reunión e a seguinte:
- Aplicación a turno fixo 7 horas de xornada e xornada en quendas de 7-7-10.
- Descanso semanal ininterrumpido de 48 h semanais.
- A compensación de domingos e festivos e noites xeran días adicionais de descanso (C).
- Consideración de días hábiles das “C” que non se solaparán cos días de descanso semanal, festivos, vacacións e engádense os permisos.
- 24 e 31 de decembro festivos especiais a compensar como tal, o total de festivos será de 16 F.
- 2 fins de semana libres/ mes
- Tope de 5 xornadas consecutivas de traballo e tope de 2 noites consecutivas
- Eliminouse a posibilidade de reducir ata un mínimo de sete horas o descanso entre xornadas.
- As necesidades de servizo serán excepcionais e súas compensacións será homóxenea en todos os centros, a determinaran na Comisión de seguimento, que regulará tamén a intersustitución.
- A compensación económica de domingos e festivos se aplica dende ano 2023 na contía inicial que se propoñía, e aumenta en 20 euros no ano 2024 e no 2025 en 10€ máis. En 2025 as contías serán de 150€ (AP), 170€ (C2), 190€ (C1), e 210€ (A1-A2).
- Engádese o cálculo da porcentaxe para as situacións de suspensión ou extinción laboral.
- Conversión en xornada completa de 144 postos de inferior á ordinaria, creación de 100 postos a determinar a categoría/centro na Comisión de seguimento. A RPT en decembro 2023.
- A Comisión de seguimiento estudará todas as carteleiras, cargas e presencias evitando a descompensación entre centros e establecerá criterios para que sexan homoxeneas e equilibradas.
- Xornadas anuais de quendas de noite inferiores ás 1.450 horas con 35 noites no ano natural, reduciran en 2024: 2 hs por cada noite traballada, podendo ser 3hs se non implica alteración de plantilla. 2025: 3hs por cada noite traballada.
- As carteleiras por parte dos distintos centros deberán estar rematadas antes do 16 de outubre de 2023 para que se poidan facer as comprobacións na Comisión de seguimiento.
- Estudio e proposta dun protocolo e plan de actuación frente aos ataques físicos ou verbais.
- Estudio e determinación para a proposta do uso do comedor a conta dunha contraprestación económica.
- O pago da nocturnidade non será inferior a retribución que se viña producindo como laboral.
- Extensión do acordo a outros colectivos que non teñan acordo propio de condicións de traballo.
UGT no obstante alegará a esta terceira proposta en materia de festivos especiais, mellorar os efectos económicos de domingos e festivos en 2023, a actualización anual con orzamentos, dispor do protocolo de agresións antes de finalizar 2023, clarificación da xornada e quendas, maior compromiso de xeralizar a redución de 3h por noites en 2024 contemplando o aumento de persoal que propoñen como mínimo….
UGT velaremos polo cumprimento dos acordos de revisión da RPT de funcionarización de determinados niveis (subalternos, Tcaes, menores…….) coa nova RPT de decembro, en definitiva seguimos traballando para seguir acadando melloras en salarios, dereitos e emprego, con medidas reais e concretas, non con malos contos.