CONCURSOS DE TRASLADOS CORPOS E ESCALAS DA ADMINISTRACIÓN ESPECIAL:
Están analizando as alegacións presentadas.
A previsión é negociar as bases específicas e buzóns co fin de aprobar a convocatoria para algunhas escalas no mes de setembro. Entre as escalas que se nomearon para o mes de setembro ás enxeñerías e as de Política Social e Xuventude.
TOMA DE POSESIÓN PERSOAL EDUCADOR E AUXILIAR DE ENFERMERÍA:
O vindeiro 3 de outubro. Publicarase o resto no mes de setembro.
EXAME DE GALEGO DOS PROCESOS DA LEI 20:
Realizarase na primeira quincena do mes de setembro.
CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR:
Continúan traballando na integración do persoal laboral fixo. As prazas unha vez integradas formarán parte da funcionarización prevista na OPE 2022 a través da quenda de promoción interna horizontal. Xunto con este proceso irán tamén as prazas das persoas en excedencia.
APLICACÍON DAS MELLORAS DO RDL 5/2023:
Unha vez convalidado o Real Decreto-lei pola Diputación Permanente do Congreso dos Diputados, ditaron instrucións internas, pola Dirección Xeral da Función Pública, que habilita a que os dereitos alí recollidos son de aplicación inmediata e directa. Solicitamos a remisión das instrucións e comprometéronse a envialas.
O permiso parental para o coidado de fillo, filla ou menor acollido por tempo superior a un ano, ata o momento en que o menor cumpra oito anos, (8 SEMANAS, continuas ou descontinuas, a tempo completo ou parcial). Totalmente novo e COMPATIBLE co permiso de paternidade que se recolle na letra c) do mesmo artigo 49, o interpretan como NON RETRIBUIDO.
Sobre a interpretación do artigo 217 (Garantía do dereito de acceso aos procesos derivados da disposición adicional oitava da Lei 20/2021), esperan ás conclusións do que se poda tratar na reunión da Comisión de Coordinación do Emprego Público, estatal. En todo caso, avanzan que en nigún caso se poden duplicar prazas.