Sectores

Reunión dos sindicatos con Función Pública: Acordo Política Social

Logo das reunións de hoxe de Mesa Sectorial de persoal funcionario e da Comisión de Persoal, Función Pública convocou ás OOSS a unha primeira xuntanza sobre o documento de acordo de condicións especiais de traballo do persoal dos centros de xestión propia da Consellería, remitido.

A DIRECCIÓN XERAL EXPUXO QUE:

  • Mañá e pasado convocarán, individualmente ás OOSS, para analizar as alegacións presentadas.
  • Queren chegar a un acordo pero precisan analizar o cómputo das compensacións que reflicten as propostas das OOSS para ver como quedan as carteleiras con esas compensacións.
  • Parten da xornada de 1.665hs e que esta primeira proposta de Acordo xa recolle rebaixa horaria que se sitúa por debaixo desa xornada.
  • A proposta inclúe o incremento de 144 postos que pasan a xornada completa e un certo incremento de persoal a maiores destes postos que se modifican. Necesitan saber cal é o incremento que levan consigo as propostas e reivindicacións das OOSS.
  • A prestación de servizo en quendas de 7-7-10 en 222 días, teñen calculado que vai a supoñer unha redución de 111 horas sobre as 1.665 de xornada máxima.
  • A compensación de 2 días de descanso por cada 4 domingos e festivos tamén implica redución de xornada.
  • Analizarán a compensación por noite de traballo e verán a onde leva ese descanso.
  • Afirman que a onde non están dispostos a chegar é ás 1.000-1.200hs, pero que segundo as primeiras aproximacións podería rematar sobre 1.400 e pico horas de xornada anuais.
  • Confirma que teñen marxe para poder negociar e que o Acordo incluirá aos centros do CGSIB.
  • Indican a súa pretensión de acadar acordo antes do mes de agosto, non rexeita que se poda seguir durante a primeira semana e que se non hai acordo se deixaría para setembro.

UGT MANIFESTAMOS QUE:

  • UGT entende esta negociación como continuidade do Acordo de concertación, naquela parte inconclusa, e que xa citaba o propio acordo ao respecto do tratamento de xornadas do persoal que traballa a quendas.
  • UGT presentou e fixo públicas as alegacións a un documento que, como todos puidemos ver, parte de situacións que non se corresponden coa realidade actual, da organización dos centros de traballo.
  • UGT considera esta negociación unha oportunidade para rematar coa situación xerada pola aplicación da Lei 1/2012 e a súa prorroga que ano tras ano ven sufrindo o persoal dos centros de Política Social e Xuventude.
  • UGT aposta porque, o documento final que saia da negociación, sirva para acadar un bo acordo que coloque as condicións de traballo en situación acorde ao esforzo empeño que se realiza por un persoal que ten sobradamente demostrada a súa profesionalidade e entrega.
  • UGT insta á Consellería de Política Social e Xuventude e á Xunta de Galicia a que completen a recuperación de dereitos, salario e emprego acordados con carácter xeral, coas debidas e xustas compensacións en descanso e económicas da especial prestación de servizos no ámbito desta Consellería.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.