O pasado día 18 tiveron lugar a Mesa Sectorial de Persoal Funcionario e a Comisión de Persoal, nas que se tratou a:
MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE SANIDADE
A Administración reitera o dito na mesa previa, expoñendo que se trata dun proxecto piloto:
- Que se crea para acercar os servizos a zonas de montaña (Ancares, Courel,…) e porque hai tempo que se demanda o servicio.
- O resto de persoal necesario, non veterinario, serían contratados por “servicios externos”, en tanto que a Consellería de Sanidade só contrataría os 2 efectivos veterinarios necesarios, o crédito orzamentario para pagar imputarase á Consellería do Medio Rural.
- A base estará no Concello de Chantada e alí estarán ubicadas as zonas, administrativa, para operarios, de almacenamento de canais e de xestión de residuos.
UGT: en contra – CIG: en contra – CCOO: abstención – CSIF: en contra
SENTIDO DO VOTO DE UGT:
Estando a favor da creación de prazas, consideramos que se trata dun proxecto “pouco estruturado”, no que se carece de obxectivos claros, carente de protocolos de actuación. Non se explica como se organizarán as rutas, si será a demanda ou por rutas prefixadas. Non se cita como se procederá tecnicamente co despece, o oreo das canais, en onde e como se almacenan, quen asume cos custos. En fin toda unha serie de cuestións técnicas que deberían ter sido aclaradas na negociación previa e non se fixo.
Por outra banda tampouco se aclara a figura da itinerancia á que están ligados os postos de traballo, que non está recollida no Acordo de condicións de traballo do persoal veterinario, Acordo que na Memoria Funcional, nin se cita.
ROGOS E PREGUNTAS:
- Preguntado pola Orde do Ministerio de Hacienda y Función Pública, publicada en BOE o pasado día 17 de xullo, pola que se revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular establecida no Real Decreto 462/2002, sobre indemnizacións por razón do servicio. Responde que entenden que non é aplicable directamente, que teríanse que realizar cambios normativos e que comentarán cando saiban algo máis concreto.
- Acordos de integración:
- o GAIN: irá a Mesa Xeral o próximo día 27.
Seguen coa tramitación administrativa: Augas de Galicia, CGSIB.