, ,

APP para afiliadas e afiliados a UGT

APP para afiliadas e afiliados a UGT

Se es afiliado ou afiliada a UGT, podes acceder a esta nova ferramenta de comunicación e interacción co teu sindicato.

A túa nova UGT App é unha aplicación móbil exclusiva para afiliados e afiliadas á UGT. Pódela descargar no teu dispositivo móbil, picando nas seguintes ligazóns:

Para Android
Para IOs

Esta aplicación persegue varios obxectivos de funcionalidade e eficiencia na relación dos afiliados/as co sindicato.

A app está estruturada en 3 grandes áreas que son: comunicación personalizable, servizos do sindicato e notificacións.

Dispón tamén dun apartado que permite acceder e modificar a información do afiliado/a.Este apartado contén ademais o carné dixital e a posibilidade de ver o convenio que ten o afiliado rexistrado.

Por último desde o apartado «máis xestións» pódense iniciar procesos internos de actuación co sindicato.

Os teus datos de afiliación sindical, constitúe información especialmente protexida pola GDPR. Por esta razón, desde UGT debemos extremar as precaucións nas notificacións de claves de acceso á aplicación.

Se es afiliado ou afiliada e aínda non recibiches as claves de acceso, enche este FORMULARIO, achegando un documento acreditativo (DNI, carné de conducir, pasaporte, …) e , trala comprobación necesaria, enviaremos as claves de acceso á túa nova UGT App.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.