Prazos:
- – Para a formalización do acordo de conformidade de cambio do vínculo xurídico:
- o A partir da publicación desta orde no DOG, o persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo.
- o A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
- – Para o cambio do vínculo xurídico coa Administración:
- o A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de xullo de 2023.
- – Cómputo dos prazos en caso de permisos, licenzas ou incapacidade temporal e incapacidade permanente con reserva de posto:
- o No caso de vacacións, permisos ou licenzas, o prazo para a sinatura do acordo de extinción comezará a contar desde a súa finalización; o día da toma de posesión será o seguinte hábil ao da sinatura do dito acordo.
- o Nos supostos de incapacidade temporal ou incapacidade permanente con reserva de posto, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta ou reincorporación.
- o Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as situacións derivadas da maternidade ou paternidade.
Efectos do incumprimento dos prazos:
- – Agás as causas de forza maior debidamente acreditadas e apreciadas pola Dirección Xeral da Función Pública, implicará que a persoa interesada desiste voluntariamente da súa funcionarización e, polo tanto, non se producirá o cambio do seu vínculo xurídico, e manterá a súa condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos inherentes á dita condición.
Excedencias:
- – O/a traballador/a conservará a situación administrativa que teña recoñecida noutras categorías laborais antes da adquisición da súa condición de persoal funcionario de carreira.
Trienios:
- – O persoal que se funcionarice seguirá percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba percibindo como laboral fixo nun concepto na nómina á marxe do complemento de funcionarización-persoal.
- – O primeiro trienio que se perfeccione como funcionario non terá unha contía inferior ao que se percibiría como laboral.
Complemento de funcionarización:
- – A diferenza de retribucións entre a condición de persoal funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización, dividirase en dúas epígrafes: Letra a) funcionarización-persoal e Letra b) funcionarización-antigüidade.
Consolidación do grao persoal:
- – Realizarase de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do Regulamento de provisión de postos.
Persoal en adscrición temporal:
- – O persoal que no momento da toma de posesión se atope en adscrición temporal poderá continuar prestando servizos nese mesmo posto mediante unha comisión de servizos, sempre que o posto da adscrición temporal tamén sexa obxecto de transformación en posto de persoal funcionario.
- – Para tal efecto, a correspondente adscrición temporal transformarase en comisión de servizos sempre que a persoa interesada cumpra os requisitos para o seu desempeño, consonte o establecido no artigo 96 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Compatibilidades:
- – As persoas que teñan autorizada ou recoñecida a compatibilidade para o desempeño doutra actividade dispoñen dun prazo máximo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da toma de posesión para solicitar a compatibilidade conforme a nova condición, entendéndose prorrogada a compatibilidade mentres se dita a nova resolución. Todas as autorizacións ou recoñecementos de compatibilidade realizados con anterioridade á modificación do vínculo xurídico quedan automaticamente sen efecto.
Mantemento das interinidades:
- – Cando o persoal laboral fixo que, estando en excedencia forzosa, excedencia por coidado de fillo e familiares ou con permiso sindical a tempo completo, tome posesión como persoal funcionario de carreira, a persoa substituta continuará desenvolvendo o posto de traballo nas mesmas condicións e circunstancias malia o cambio na correspondente relación de postos de traballo do tipo de posto.
Reducións de xornada:
O persoal laboral fixo que, no momento de producirse o cambio de vínculo xurídico, tivese concedida unha redución de xornada, poderá continuar coa mesma redución que tiña concedida unha vez que se formalice o cambio.