Logo da atención aos puntos da orde do día da modificación da RPT da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, na que as 4 Organizacións Sindicais felicitamos á Consellería polo estilo e o fondo da negociación, cousa da que deberían aprender e tomar nota outras secretarías xerais, pasamos ao punto de rogos e preguntas, no que se dan as seguintes aclaracións:
ANUNCIO DO CONSELLO DA XUNTA: PROCESOS SELECTIVOS
A Dirección Xeral da Función Pública expón que no Consello da Xunta do día de onte:
- – Foron anunciados 92 procesos selectivos, indicando DATAS ORIENTATIVAS para a realización das primeiras probas selectivas dos mesmos.
- – Que de ditos procesos selectivos, nas últimas semanas foron publicadas as constitucións dos seus tribunais, e que seguirán publicándose nos vindeiros días (hoxe publícanse varias).
- – Que o anuncio se realiza pola necesidade dunha mellor e máis transparente planificación.
- – Que nos próximos días publicarase as listas de admitidos aos procesos selectivos da estabilización (entre 211 e 215 procesos).
Pregunta de UGT ao respecto de aclaración do anuncio realizado:
Detectamos erros na nota do Consello da Xunta, na que se di que: “Nos meses de setembro e outubro realizaranse os procesos selectivos do grupo A2, educador infantil e educador social, do grupo C1, educador infantil, do grupo C2, auxiliar de cociña e PSX e AP limpeza e cociña”. Entendemos debe haber erro en tanto que a especialidade de educador infantil é A2 e non pode aparecer tamén como C1, debendo referirse a Técnico de Xardín de Infancia.
Consideramos que si a estas alturas do ano non hai listaxes publicados de admitidos nin excluídos, nos procesos selectivos da Lei 20, nin tampouco sobre as persoas que deben realizar o exame de galego, entendemos que facer dita previsión semella un pouco apresurada e precisamos aclaración. Responde:
- – Fíxose un calendario de todos os procesos convocados, libre de oferta ordinaria, consolidación e estabilización da Lei 20, e que a intención da Dirección é:
- Finalizar a ope libre
- Resolver o concurso de méritos da Lei 20
- Resolver o procesos de concurso-oposición da Lei 20
- Na medida en que se poda convocar, non en todas as escalas porque quizá non sexa necesario polo número de prazas ofertadas, un concurso de traslados que se vaia executando paralelamente co obxectivo de que ao final de todos os procesos se poda elixir sobre todas as prazas ofertadas e convocadas.
- – Confirma que é certo que se poderán realizar os exercicios da fase de oposición dos procesos de concurso-oposición da Lei 20 antes de que se resolva o procedemento de concurso da Lei 20, pero que en todo caso se remite ao dito, a resolución do proceso selectivo por concurso será anterior á do proceso de concurso-oposición.
AUXILIARES DE ENFERMERÍA:
Preguntamos polo estado da resolución do proceso selectivo e a resposta foi que houbo 4 renuncias, algunha por falta de titulación e que Función Pública solicitou unha nova listaxe ao tribunal, que están pendentes de que se remita.
PROCESO SELECTIVO DE GARDACOSTAS:
Preguntamos polo estado do proceso selectivo, responde que está en valoración de méritos, pero que inflúen as respostas ao proceso de Bombeiros/as Forestais, onde houbo preto de 400 reclamacións, que sendo un proceso anterior estase a finalizar coa resposta a este proceso e polo tanto inflúe na terminación do proceso de Gardacostas.
PROMOCIÓN INTERNA HORIZONTAL:
Preguntado pola convocatoria deste proceso para a xente que aprobou os últimos procesos selectivos de persoal laboral (exemplos: persoal veterinario, Titulados Superiores e Medios e algunhas categorías de Política Social), responde que intentarán ter negociadas as bases no entorno do mes xuño, en todo caso antes do verán.
PROMOCIÓN INTERNA ÚLTIMAS OEPS:
Informa de que a pretensión é negociar as convocatorias en setembro.
CARREIRA PROFESIONAL APERTURA DE PRAZO EXTRAORDINARIO:
Solicitado por UGT na Comisión de seguimento do acordo, informa o mesmo que dixo na Comisión, que valorarán a apertura dun novo prazo para aquelas persoas que por diferentes motivos non puideron solicitala no período que se establecía inicialmente, tal e como solicitamos desde UGT.