Sectores

¿Tes servizos prestados que non che recoñecen en carreira profesional?

UGT presenta na comisión de seguimento do acordo de carreira unha proposta sobre a redución da permanencia.

Na comisión de seguimento da Carreira profesional celebrada o dia 16 de xuño do 2023 fixemos unha proposta para reducir permanencia (anos de espera entre grado e grado) para todos os profesionais que teñen servizos prestados non recoñecidos en carreira profesional.

Esta medida afectaría positivamente a unha gran parte de traballadores. Achegamos proposta.

Estamos a espera de contestación e si non valoraremos MOBILIZACIÓNS!

Proposición de UGT sobre a redución da Permanencia:

No ámbito do SERGAS o acordo de mellora retributiva e profesional asinado o 1 de Outubro de 2003, previu no seu punto 8 a regulación dun sistema de carreira profesional, que se convertería nun dos eixes para mellorar a calidade do sistema sanitario público nun instrumento de motivación dos profesionais, estendéndose no 2005 para persoal facultativo e no 2006 para o resto do persoal co acceso a carreira profesional, un proceso que foi exclusivo para persoal estatutario fixo.

Posteriormente, debido a diversas circunstancias, non se publicou un acordo de carreira ata o 30 de Xullo de 2018 (DOG no 144), acordo que deixou fora do encadramento ao persoal eventual e que finalizou debido aos diversos pronunciamentos xudiciais nun novo acordo, publicado en DOG o 5 de decembro de 2022.

Estas situacións provocaron, que un gran número de profesionais estatutarios, estean encadrados nun grao inferior aos servizos prestados que teñen.

Na INSTRUCIÓN 2/22, da Xerencia Do Servizo Galego De Saúde, Sobre Ordenación e Programación da Actividade do persoal da categoría de FACULTATIVO/A ESPECIALISTA DE ATENCIÓN PRIMARIA, no seu apartado 5º sobre a Carreira profesional, establece que o persoal da nova categoría poderá solicitar o seu grao I cando acredite un período de tres anos de servizo activo, no grao inicial da categoría, o último día do prazo que a convocatoria anual estableza para a presentación de solicitudes, reducíndolle aos profesionais desta categoría a permanencia que establece o acordo de carreira.

Tendo en conta as diferentes situacións que vemos na comisión de seguimento do acordo, e o desfase xeral entre servizos prestados e grao de carreira, nun acto de reposición a tódolos profesionais…

ACORDAMOS:
Que os profesionais estatutarios do Servizo galego de Saúde, dende o ultimo grao de carreira profesional que teñan estimado, poderán utilizar o número de días de servizos prestados que excedan dos necesarios para o grao estimado. Para reducir a permanencia para o seguinte grao, a razón de día por día, e cun mínimo de permanencia de tres anos.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.