Sectores

Comisión Permanente de Listas (26/04/2023)

Hoxe tivo lugar a reunión mensual da Comisión Permanente, onde se trataron entre outras cuestións:

  • Para a lista da escala de limpeza e cociña sumaranse as puntuacións das dúas listas de laborais (V-1 e V-11). Ata que a lista da escala sexa definitiva seguirase a chamar pola lista de laborais…unha ou outra segundo o criterio da Consellería.
  • En breve sairá a actualización provisional de méritos.
  • Dende Listas pídese autorización para aumentar a idade para estar nas listas ata os 67 anos.
  • A comisión da a autorización para a cobertura de postos do C1 Técnico/a Mantemento de servizos, dende a lista IV-6 (si cumpre co requisito de titulación)
  • Os postos da categoría III-99 “a extinguir”, cubriranse por chamamento ao Servizo Público de Emprego, e para non dilatar no tempo a contratación a Consellería debería confeccionar unha lista paralela. (Ao parecer só pasa en Panxón, xa que noutros centros a RPT é do IV-4).

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.