Sectores

Comisión de Persoal Ordinaria (25/04/2023)

MODIFICACIÓN DA RPT DO INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA:

UGT: a favor       CIG: en contra                      CCOO: a favor                      CSIF: a favor

Sentido do voto de UGT:

Mostramos a nosa desconformidade coa amortización de dous postos de auxiliar administrativo aínda que entendemos que a dificultade da súa cobertura, a pesar de haber sido ofertadas reiteradamente, e a creación do posto na Xefatura de Sección de Modelización Socioeconómica por concurso de méritos, compensan en certa medida a desaparición das dúas prazas referidas. Reiteramos na xuntanza a nosa valoración moi positiva do traballo que se ven desenvolvendo no IGE nestes anos, convertido xa nunha referencia técnica indiscutible, e reclamamos unha maior dotación de medios técnicos (a porcentaxe de persoal da escala de estatísticos só representa un 60% do persoal do Instituto).

MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE SANIDADE-SERGAS:

UGT: en contra  CIG: en contra                      CCOO: en contra     CSIF: en contra.

Sentido do voto de UGT:

Entendemos que un documento desta relevancia cun número importante de prazas amortizadas, procedentes nalgúns casos de procesos anteriores, e incluídas na proposta presentada, xunto coa apertura de postos de difícil xustificación formal, debería haberse negociado con maior intensidade antes de chegar a ser negociado con Función Pública (que neste caso concreto equilibrou o escaso interese negociador da Consellería de Sanidade)

ROGOS E PREGUNTAS:

O Director Xeral informa ao respecto das prazas a ofertar na Lei 20/21 polo procedemento do concurso de méritos, que en aplicación dos acordos sobre criterios de OPE e logo do remate de varios procesos selectivos e toma de posesión dos mesmos, as seguintes escalas e especialidades ven modificado o número na oferta:

PRAZAS A1 I-002 (TS Médico/a) Corpo facultativo medicina A2 C2
Buzón da oferta da Lei 20 142 8 66 186
Desertas do proceso de estabilización 35
Desertas do proceso de consolidación 30 1 5 22
207 9 71 208

Estes datos colgaranse na web da Dirección Xeral, e Segundo vaian rematando os procesos selectivos, iranse modificando os buzóns da oferta da Lei 20.

  • NEGOCIACIÓN DE MODIFICACIÓN DE PLUSES NA AGACAL:

Preguntado ao respecto da negociación de modificación dos pluses na AGACAL, Función Pública responde que o criterio da Dirección Xeral é que nestes momentos estanse a tramitar as RPTs de funcionarización. Esta semana publicouse a do Grupo V, no vindeiro mes estarase negociando a de Medio Rural e logo rematada esa, estarase negociando o que queda, e aí hai categorías que se corresponden con AGACAL, polo tanto o considera que o primeiro é facela RPT de funcionarización e logo si hai que facer algo máis se fará, pero este é o criterio da Dirección.

  • TOMAS DE POSESIÓN:
  • o Auxiliares de enfermería: a previsión é que sexan criterios similares aos que se están a implementar noutras categorías e especialidades,primeiramente as prazas vacantes puras, a continuación as prazas interinas de menor a maior antigüidade na ocupación.
  • o Respecto á categoría de camareira/o limpadora/o (laboral) que están en provisional, estase traballando na convocatoria correspondente de funcionarización, non só elas senón tamén os A1 e A2, persoal Veterinario, e esperan no mes de maio ou xuño esperan traela a Mesa e a Comisión.
  • ACORDO DE CARREIRA PERSOAL DE GAIN:

Intentarán ter reunión a próxima semana para levalo a Mesa e Comisión.

  • XORNADA DE 35 HORAS:

Preguntado ao respecto da negociación sobre a xornada de 35hs, responde que nestes momentos non toca, pero iso impide de que vaian producindo as correspondentes reunións de negociación con algúns colectivos para ir facendo algunha adaptación nas condicións de traballo.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.