Na páxina web da consellería vén de publicarse a Resolución do 25 de abril de 2023 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas as puntuacións provisorias do baremo correspondente ós procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, ós diferentes corpos docentes.
O prazo para presentar posibles reclamacións ás puntuacións outrogadas vai dende o mércores 26 de abril ata o 10 de maio de 2023, ambos incluídos.
Se participas neste proceso, revisa a túa situación!
Recorda que se necesitas asesoramento neste eido, como sempre podes contar con nós. Estamos aquí!