Esta RPT recolle os seguintes postos:
- – Persoal laboral fixo que superou os procesos de funcionarización correspondentes
- – Outros postos de persoal laboral obxecto de funcionarización,
- – A Resolución indica que:
- o Os postos de traballo do persoal laboral fixo que non superou o proceso manteñen a ocupación como persoal laboral fixo.
- o O persoal laboral temporal e indefinido non fixo continuará desempeñando as súas funcións nos postos que viña ocupando, nas mesmas condicións e situación, ata que se leve a cabo o establecido na disposición transitoria primeira bis da Lei 2/2015, logo do remate dos procesos de funcionarización que se convoquen ao abeiro das ofertas de emprego dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.
- o Para a determinación dos postos que son susceptibles de seren clasificados como de persoal funcionario tívose en conta o artigo 6 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, modificado o seu anexo pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de marzo de 2021 que establece o seguinte:
- «Clasificaranse como de persoal funcionario os postos de traballo definidos actualmente nas respectivas RPT como de adscrición de persoal laboral dalgunha das categorías recollidas no anexo desta norma.
A clasificación como de persoal funcionario realizarase no corpo, escala ou especialidade previsto como equivalente no mencionado anexo».
- Así mesmo, tívose en conta o disposto na Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 10 de marzo de 2021, pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece a equivalencia entre as correspondentes categorías profesionais do persoal laboral e as correspondentes escalas do persoal funcionario.
A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do seu vínculo xurídico coa Administración, figura prevista para o 1 de maio de 2023, por iso e co fin de que se cumpran os trámites oportunos, en canto á expedición das dilixencias de cesamento correspondentes, esta RPT entrará en vigor o 30 de abril de 2023.