Logo de dous anos de espera por unha nova estrutura da Consellería do Medio Rural ao abeiro da recomendación 54 do ditame da Comisión especial do Parlamento, hoxe 14 de abril asistimos a unha xuntanza con persoal da Secretaría Xeral e das Direccións Xerais implicadas na cuestión.
Foi unha primeira xuntanza, de contido moi escaso con poucas certezas e case ningunha precisión.
Lonxe de amosarnos a tan ansiada estrutura, coa súa memoria económica, funcional… limitouse a informar sobre unha enquisa, que será remitida ao persoal funcionario pertencentes a estas dúas direccións xerais para coñecer as súas preferencias en canto ao traballo a desempeñar e a súa localidade de preferencia.
Cremos que, pasados cinco anos do ditame da comisión de incendios e ratificado no Parlamento de Galicia, a cuestión debería estar máis centrada e concretada por consideración co persoal, eliminando os bulos ou rumores.
Dende UGT solicitouse:
- Unha enquisa con máis datos para axudar a decidir ao persoal funcionario (queda claro que esta non vai ser vinculante)
- No caso das dúas direccións xerais para técnicos e axentes, unha puntualización xeográfica
- No caso do persoal axente o desenvolvemento de: regulamento, acordo e comisión de seguimento (neste último apartado para as dúas escalas)
- Que criterios aparte da voluntariedade se van seguir
- Cales van ser os prazos
Para calquera dúbida chamádenos!
Podes acceder ao documento entregado na reunión premendo neste enlace