Sectores

Apertura da Lista única de Persoal de Limpeza e Cociña


A Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal, informou hoxe ás OOSS que o vindeiro mércores 19 de abril, publicarase no DOG a Resolución pola que se acorda a apertura da LISTA ÚNICA DA ESCALA DE PERSOAL DE LIMPEZA E RECURSOS NATURAIS E FORESTAIS, ESPECIALIDADE DE PERSOAL DE LIMPEZA E COCIÑA.

O prazo de inscrición para a elaboración da lista única está previsto unicamente:

1. Para as persoas que están admitidas nas listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes (V- 001 e V-011).

2. E que non figuren penalizadas o 15/07/2014 ou con anterioridade en todas as listas nas que figuren inscritas das categorías profesionais laborais equivalentes (V-001 e V-011) ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario na que instan a inclusión.

O prazo para a presentación de instancias comezará o día 20 de abril e finalizará o 11 de maio de 2023.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.