Dende o Sector do Ensino de UGT-SP, salientamos as seguintes melloras:
- Dereito de toma de posesión das persoas que se encontren desfrutando dun permiso por maternidade ou paternidade estenderase ás mulleres que se atopen de baixa por situacións derivadas de embarazo.
- Amplíanse as situacións laborais que permiten a permanencia en listas sen obriga a aceptar chamamentos. Agradecemos que se fixeran eco desta antiga reivindicación que lles fixemos chegar en varias Mesas Sectoriais coa extensión ós traballadores por conta propia.
- Proponse regularizar o mantemento da persoa substituta para estender as coberturas que se ven interrompidas en períodos de vacacións sempre que haxa petición da dirección do centro e conformidade da persoa substituta.
- Rebaixas nos requisitos de idade que se contemplaban para poder alegar atención ó coidado de fillos menores.
- Extensión da voluntariedade á aceptación de prazas de atención domiciliaria e centros de menores.