Sectores

Opos Galicia 2023: correción de erros, listaxe de aspirantes admitidos, listaxe de exent@s de galego


Na páxina web da consellería veñen de publicarse as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de PES, profesores especialistas en sectores singulares da FP, de EOI, de música e artes escénicas, de artes plásticas e deseño e de mestres. Tamén se poden xa comprobar as listaxes de persoas non exentas do exame de galego.

Publicouse ademáis unha terceira  corrección de erros da Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso aos corpos docentes. Atinxe ó número de temas e desenvolvemento da parte práctica dalgúns corpos.

Se participas neste proceso, revisa a túa situación!

Recorda que se necesitas asesoramento neste eido, como sempre podes contar con nós. Estamos aquí!

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.