Os períodos de permisos, licenzas e excedencias facilitan e melloran a calidade da vida dos traballadores e traballadoras ao permitir integrar e conciliar a súa vida persoal, familiar e profesional.
É importante o esforzo por actualizar a normativa referida ao fomento da igualdade de xénero, as medidas de mobilidade para facer efectiva a protección ás funcionarias vítimas de violencia de xénero, a protección á saúde no embarazo e parto, así como os permisos de maternidade e paternidade. Tamén é necesario desenvolver e actualizar as medidas que faciliten a atención de familiares en caso de enfermidade, ao funcionariado afectado por actividade terrorista, así como permisos que promovan a preparación e asistencia a cursos formativos para o desenvolvemento persoal e profesional do persoal docente.
Para estar ó tanto dos teus dereitos nesta materia, accede ó noso boletín. Atoparás unha recompilación do articulado correspondente aos permisos mencionados anteriormente tanto da normativa estatal, que por tanto é de cumprimento obrigado en todo o Estado, como as normativas autonómicas que poden mellorar o regulado na lexislación básica, así como recoller outros aspectos relacionados con estes períodos. Se prefires telo todo á man dunha ollada, acude á nosa guía.