Publicadas varias modificacións de erros de convocatorias de procesos de estabilización Lei 20/21:
Modificacións exame:
- A primeira parte:
- – cuestionario de contido teórico de 30 preguntas:
- o da parte xeral-bloque I (para o corpo de xestión)
- o da parte xeral común para os restantes corpos, escalas e especialidades do subgrupo A2 (para o corpo facultativo de grao medio).
- – Con 3 preguntas de reserva.
- – Con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta.
- – cuestionario de contido teórico de 30 preguntas:
- A segunda parte:
- – cuestionario de contido teórico e práctico de 110 preguntas
- da parte xeral-bloque II (para o corpo de xestión)
- da parte específica (para o corpo facultativo de grao medio),
- o 90 preguntas serán de contido teórico
- o 20 preguntas serán sobre un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal».
- – cuestionario de contido teórico e práctico de 110 preguntas
No anexo III de titulacións:
- – No proceso selectivo da escala auxiliar do SPIF, onde di: «Graduado en educación secundaria obrigatoria (a)», debe dicir: «Graduado en educación secundaria obrigatoria (a) e carné de conducir tipo B».
- – Nos procesos selectivos da escala auxiliar de cociña, escala auxiliar de mantemento e escala auxiliar de laboratorio, onde di: «Graduado en educación secundaria obrigatoria (a)», debe dicir: «Titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta escala»
Concurso: A1 especialidade de enxeñería de montes, escala técnica de condución, subgrupo C1.
- – No anexo I de prazas convocadas de persoal funcionario, corpo facultativo superior, especialidade de enxeñería de montes, suprímese 1 praza na quenda de discapacidade.
- – No anexo III «Titulacións» na escala técnica de condución queda sen efecto a modificación publicada en DOG do 7 de febreiro de forma que o carné de conducir esixido é tipo C + tipo E.
- – Na páxina 12125, (resolución 6/02/23) no último parágrafo, onde di: «…mediante o sistema de concurso…», debe dicir: «…mediante o sistema de concurso-oposición…».
Na páxina 12127 (resolución 6/02/23) queda sen efecto o número 5.2, de forma que no anexo III, Titulacións, na escala técnica de condución o carné de conducir esixido é tipo C + tipo E.