Sectores

Política Social e a problemática da cobertura de postos en vacacións


Un ano máis UGT volve a poñer branco sobre negro na cuestión da listas de enfermería. Atopámonos con que as listas da especialidade de enfermería non contan con efectivos, os datos volven ser alarmantes xa que nesta especialidade para cubrir a 160 efectivos nestes intres hai 7 persoas dispoñibles para ser chamadas.

Ano tras ano, UGT denuncia que vimos asistindo á adopción de diferentes e irregulares medidas que cronifican o problema sen solucionalo, nunha especie de sálvese quen poida se elaboran listas paralelas ás do Decreto 37 ou listas por centro de traballo colocadas na porta dos centros, pero aínda así se perpetúan as inxustas e gravosas de denegacións de vacacións ou permisos. Estas ineficaces irregularidades son exemplos que demostran que é preciso adecuar o Decreto 37/2006 e adoptar outras medidas complementarias que favorezan a dispoñibilidade do persoal nas listas para traballar nos centros de política social fronte a outros centros públicos ou privados.

En consonancia co anterior UGT considera que a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social debe asumir a responsabilidade que lle corresponde para evitar a fuga de persoal dispoñible en listas e garantir uniformidade en todas as Xefaturas Territoriais na cobertura de permisos e vacacións, eliminando as denegacións. Para elo debe instar a Función pública a modificación do ámbito dos chamamentos e a retribuír os domingos e festivos, que son dúas eivas, que determinan que a súa opción de listas de contratación non sexa en centros de política social.

UGT leva anos denunciando esta anómala e recorrente situación e demandando solucións que non pasan por recortar dereitos, e urximos á Dirección Xeral da Función Pública aplicación de medidas acordadas e consensuadas, e propoñemos tres medidas que serían útiles e eficaces para favorecer contar con máis persoal: a modificación do Decreto 37/2006 para adaptar os ámbitos da forma máis adecuada á realidade da prestación do servizo, procedendo á agrupación de centros de xeito comarcalizado, como si están outras categorías; a retirada temporal das penalizacións; e que o réxime de prestación de servizos en domingos e festivos se compense retributivamente como se fai no persoal sanitario publico e privado.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.