Sectores

Novidades nas listas abertas de substitucións


Ata o martes 4 de abril estará dispoñible a inscrición nas especialidades de árabe, chinés, italiano e xaponés do corpo de profesores de EOI así como en varias outras especialidades do Corpo de profesores de música e artes escénicas. Velaquí a convocatoria.

As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta a través do procedemento ED003A.

Como sempre, se tedes algunha dúbida, ou queredes axuda para realizar a inscrición, podedes contar con nós. Estamos aquí.

Por outra banda, se estades interesados nalgunha outra lista, podedes ver aquí en que momento do procedemento se atopan todas as especialidades convocadas ata o de agora.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.