Sectores

EGAP: Convocatoria Actividades Formativas para o Persoal da Administración de Xustiza de Galicia


Publicada hoxe a Resolución do 23 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia

As actividades formativas figuran no anexo II da resolución, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Requisitos dos/das participantes:

Poderá participar:

  • O persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos, dos corpos da Administración de xustiza en Galicia, de:

    • Xestión procesual e administrativa

    • Tramitación procesual e administrativa.

    • Auxilio xudicial

    • Médicos forenses

  • Que se encontre en:

    • Situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Desenvolvemento das actividades de formación

  • Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.

  • A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.

Solicitudes e prazos

  • Prazo solicitudes: dende o día seguinte ao desta publicación en DOG, ata o 31 de marzo.

  • As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo :https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

  • Número máximo de cursos que se poden solicitar: 5.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.