En reunión de ambas comisións de seguimento, a de persoal funcionario (UGT, CCOO e CSIF) e a de laborais (UGT e CCOO), apróbase o seguinte:
SUPOSTOS PARA O CÓMPUTO DA ANTIGÜIDADE
En relación aos supostos para o cómputo da antigüidade aos efectos de cumprir os requisitos establecidos para o recoñecemento do grao que corresponda acórdanse por unanimidade as seguintes interpretacións:
-
Suposto 1: Persoal funcionario de carreira doutra administración, que se integra como persoal funcionario nesta Administración en virtude de concurso de traslados. Unha vez integrado se computa toda a súa antigüidade como se fose experiencia en Xunta, sempre que esa integración sexa anterior a 31.12.2021.
-
Suposto 2: Persoal integrado como persoal laboral da Xunta de Galicia en virtude do Decreto 129/2012, se computa como antigüidade en Xunta os servizos prestados antes da súa integración como persoal laboral fixo.
-
Suposto 3: Persoal funcionario que logo de acceder a Xunta mediante a superación dun proceso selectivo, ten antigüidade noutra Administración. Esa antigüidade computa como experiencia en Xunta, sempre que se trate de experiencia na mesma escala
-
Suposto 4: Persoal funcionario Xunta, que ten servizos prestados como persoal estatutario ou como persoal da administración de Xustiza. A petición de UGT na anterior reunión propúxose a reciprocidade do recoñecemento con SERGAS e Xustiza, o Director informa que están analizando que instrumento se pode aplicar para que exista ese recoñecemento.
INTERPRETACIÓN DA AVALIACIÓN DOS CURSOS DE LINGUA GALEGA.
Dado que os cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua foron tidos en conta para acceder ao grao I, considérase que deben computarse tamén para acadar o cumprir o requisito de formación para o grao II.
En consecuencia, proponse que todos os cursos de lingua galega computen tanto para o grao I como para o grao II.
Sobre esta cuestión os tres representantes das organizacións sindicais manifestamos que deben computarse os cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega para todos os graos da carreira administrativa, aprobándose esta interpretación.
Remitiuse coa convocatoria o seguinte texto:
Suposto de feito: persoal laboral fixo que se funcionariza en virtude do Decreto 165/2019, dende a funcionarización do posto, pasa a ocupar un posto con nivel.
Interpretación: pódese entender que a ocupación dese posto con nivel é anterior a conversión do posto de laboral en funcionario mediante a modificación da RPT. É dicir, os dous anos en postos de nivel computarían dende que desempeña ese posto como laboral ou dende que o desempeña como funcionario. Sempre que sexa mesmo posto.
Esta interpretación é aprobada por unanimidade.
CLÁUSULA ADICIONAL SEGUNDA. RECOÑECEMENTO DE GRAO MEDIANTE SENTENZA XUDICIAL
O acordo da convocatoria establece:
As persoas que, con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, obteñan sentenza xudicial firme individualizada de recoñecemento da carreira administrativa poderán solicitar o recoñecemento do grao II no prazo dun mes desde a firmeza da sentenza sempre que cumpran os requisitos para obtelo na data do 31.12.2021.
Neste suposto deberá presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude mediante o modelo PR004 (Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado) dirixida á Dirección Xeral de Función Pública alegando o que considere necesario.
Interpretación en relación ao inicio do prazo:
Debe entenderse que o prazo dun mes desde a firmeza da sentenza iniciarase ao día seguinte da notificación do decreto de declaración da firmeza da sentenza.
ROGOS E PREGUNTAS
-
Prepararán informe actualizado da situación do pagamento para a vindeira xuntanza.
-
UGT pregunta pola situación dos pagamentos do grao II que aínda están por realizarse e as implicacións na declaración da renda. Para la próxima reunión traerán a cuestión pechada con nóminas de AMTEGA.
- UGT solicita a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, solicitude que xa tiña feito en anteriores xuntanzas.