Os cambios normativos provocaron unha reordenación das especialidades do profesorado de Formación Profesional.
Primeiro coa aprobación da LOMLOE, onde na disposición adicional undécima recóllese a integración do profesorado técnico de FP. Ademais, a Lei Orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de Ordenación e Integración da Formación Profesional, no seu artigo 85, determinou os corpos docentes que poden impartir docencia no ámbito da Formación Profesional, creando o Corpo de Profesores Especialistas en Sectores Singulares de Formación Profesional.
Por outra banda, na súa disposición adicional quinta, procede á integración no corpo de profesores de ensino secundario de determinadas especialidades pertencentes ao extinguido Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional e, así mesmo, establece as especialidades do devandito corpo a extinguir que pasan a formar parte da atribución docente do novo Corpo de Profesores Especialistas en Sectores Singulares de FP.
Posteriormente, desenvolveuse no RD 800/2022, do 4 de outubro polo que se regula a integración do Profesorado Técnico de FP ao Corpo de Secundaria. A normativa establece o procedemento de integración ao Corpo de Secundaria A1, para os funcionarios que reúnen os requisitos, non así para o persoal de FP interino, en prácticas e xubilado.
Desde UGT lanzamos unha campaña co obxecto de dar solución viable e axustada a dereito ao profesorado de FP que non cumpre cos requisitos para a integración ao Subgrupo A1. UGT reclama que o Profesorado Técnico de FP que impartise materias das especialidades que se integraron ao Corpo de Profesores de Secundaria, que á entrada en vigor da LOMLOE (Disposición adicional undécima) ocupase o posto de funcionario en prácticas, interino ou con posterioridade xubilouse, e cumpra cos requisitos de titulación para a integración ao subgrupo A1, poida solicitar a reclamación de cantidades ante a súa Administración educativa para percibir as retribucións correspondentes polos servizos prestados, en materias pertencentes a especialidades que se integraron ao Corpo de Secundaria.
Con este fin, preparamos un modelo de reclamación que se poderá presentar ante a Administración educativa onde se prestou servizos, reclamando as cantidades correspondentes desde a entrada en vigor da LOMLOE 19 de xaneiro de 2021.
Ao mesmo tempo, reclámase o inicio da negociación pola equiparación salarial do profesorado Técnico de Formación Profesional que permanece no corpo de PTFP e no novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares de FP.
Se necesitas asesoramento neste eido, como sempre podes contar con nós. Estamos aquí.