Publicada hoxe a convocatoria das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia.
Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia, que a continuación se relacionan:
– Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).
– Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019).
– Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).
– Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019).
– Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).
– Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019).
– Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).
– Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019).
– Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9).
- – Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10).
Requisitos dos participantes:
- – Poderá participar nas actividades formativas persoal ao servizo de:
- o Administración pública da Comunidade Autónoma.
- o Entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia.
- o Administración de xustiza.
- o Entidades locais de Galicia.
- o Administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
- – Que se encontre en:
- o Situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo coidado dun/a fillo/a ou dun/a familiar)
- o Que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II
- – Exceptuado o persoal:
- o Docente Consellería de Cultura, Educación e Universidade
- o Escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
- o SERGAS (non entendendo por tal o persoal da Lei 17/1989)
Solicitudes
- – Prazo: 14 a 20 de febreiro
- – Só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo:
https://egap.xunta.gal/matricula
- – Desde as 8.00 horas do día 14/02/23 ata as 23.55 horas do 20/02/23.
Número máximo de actividades formativas que se poden solicitar: tres.