Sectores

Convocatoria De Mesa Sectorial Persoal Funcionario e Comisión De Persoal


A Dirección Xeral da Función Pública ven de convocar no día de hoxe a Mesa sectorial de persoal funcionario e posteriormente a Comisión de Persoal, coa orde do día seguinte:

  • – Novos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso:
    • o No corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de Ciencias, especialidade Química.
    • o Na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de Bombeiro Forestal.
    • o Na escala de persoal de mantemento, subgrupo AP.

Podes consultar a documentación nesta ligazón

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.