ÁREAS

Convocatoria 2023 de cursos titorizados en liña para a formación do profesorado sobre o currículo derivado da LOMLOE


O Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do INTEF, vén de convocar 3825 prazas para a realización de tres cursos titorizados de formación en liña para o profesorado, distribuídos en tres edicións que se desenvolverán ao longo do primeiro semestre de 2023.

O prazo de inscrición é único para as tres edicións : do 18 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 (ambos inclusive).

Cursos ofertados:

  • Do currículo á práctica na aula (35h)
  • Situacións de aprendizaxe para o desenvolvemento de competencias aula (35h)
  • Avaliación de competencias a través do desempeño aula (35h)

A información necesaria para a inscrición pódese consultar na páxina da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional, na que se irán publicando tamén as novidades relativas aos cursos.

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.