O EDIFICIO XUDICIAL DE NOIA CAE EN PEDAZOS
Na mañá de onte, mentres se cambiaba o sistema de iluminación, esborrallouse parte do teito dunha das dependencias xudiciais do edificio xudicial de Noia. Por desgraza, esta situación non é nova e UGT-XUSTIZA hai tempo que vén denunciándoa, é máis, estes mesmos feitos xa ocorreron hai uns anos no despacho dunha maxistrada no que tamén se derrubou o bloque do teito e tamén o falso teito da escaleira do edificio. Ademais é de apuntar que as obras acometidas ata o momento deixan moito que desexar dado que as humidades volveron a aparecer en menos dunha semana.
Fai uns días como consecuencia do mal estado do edificio, producíronse filtracións de auga que ocasionaron danos importantes nas oficinas de procuradores, chegando a quedar completamente inutilizada unha impresora sobre a que literalmente choveu.
O edificio xudicial de Noia incumpre de forma flagrante a normativa sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde que deben dispoñer os lugares de traballo en canto ás condicións construtivas, orde, limpeza e mantemento,sinalización, instalacións de servizo ou protección, condicións ambientais, servizos hixiénicos e locais de descanso, e material e locais de primeiros auxilios. Así, de forma xeneralizada, incúmprense as seguintes condicións xerais de seguridade:
1. A prohibición de sobrecargar os elementos estruturais. É especialmente grave a situación na que se atopa o arquivo situado no rocho ou bufarda do edificio, completamente abarrotado de andeis e expedientes, e polo que a duras penas pódese transitar (hai que facelo de lado e en moitas zonas encolleito), e o mesmo ocorre coa dependencia dedicada a arquivo no soto do edificio. En ambos os arquivos as condicións ambientais son pésimas,debido á excesiva humidade no inverno –cuxos efectos se poden observar perfectamente ao redor das xanelas en todo edificio– non existindo un sistema de ventilación que permita a mínima renovación do aire.
2. As dimensións dos locais de traballo non permiten que os traballadores realicen o seu traballo sen riscos para a súa seguridade e saúde e en condicións ergonómicas aceptables. Incúmprense as dimensións mínimas de superficie libre por traballador e a separación entre os elementos materiais existentes no posto de traballo non é o suficiente para que os traballadores poidan executar o seu labor en condicións de seguridade. Tal é a estreiteza que o 21 de setembro tívose que introducir unha impresora por unha xanela porque non cabía pola porta da oficina á que ía destinada, dando lugar a un espectáculo surrealista.
3. Igualmente quebrantase a normativa no relativo ás vías e saídas de evacuación xa que a disposición de acceso e saída do edificio impide que, en caso de perigo, póidase evacuar todos os lugares de traballo rapidamente e en condicións de seguridade, incumpríndose igualmente a obrigación de que as portas de emerxencia.
En xuño do pasado ano, UGT-XUSTIZA xa denunciou ante a Valedora do Pobo a lamentable situación do edificio, o que deu lugar a que a Valedora lembráselle á Xunta de Galicia os seus deberes legais tanto en materia de prevención de riscos como de protección de datos. Con todo, a Xunta de Galicia non realizou ningunha actuación para garantir a seguridade dos traballadores e dos cidadáns,limitándose a contestar que se respectan as normas existentes. Con anterioridade, UGT-XUSTIZA xa mantivera unha entrevista co Alcalde de Noia por ser o edificio de propiedade municipal, expoñéndolle o grave problema de Nota de prensa seguridade do edificio, o Alcalde comprometeuse a buscar unha solución coa Consellería de Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia e Xustiza.
Ao non obter resposta algunha nin do Concello nin da Xunta, e a gravidade da situación, UGT-XUSTIZA interpoñerá nos próximos días as correspondentes denuncias ante a Inspección de Traballo e outros organismos fiscalizadores, sendo en todo caso responsabilidade da Xunta de Galicia todos os danos e prexuízos que se poidan ocasionar do grave incumprimento da normativa en prevención de riscos e saúde no traballo.
PREME AQUI para atopar documentación gráfica
PREME AQUI para atopar documentación gráfica (II)