Logo de analizado o texto das ordes de convocatoria coas alegacións presentadas ao mesmo, por UGT, conclúese:
- – Proba de galego: o cuestionario de 60 preguntas debía ser reducido proporcionalmente en función do grupo ou subgrupo de titulación. INCLUÍDA PONDERACIÓN NAS ORDES
- – Servizos prestados en xornada inferior á ordinaria: propoñemos o seguinte engadido
Os servizos efectivos prestados en xornadas inferiores á completa valoraranse proporcionalmente, agás que se trate da aplicación de medidas relacionadas co exercicio de dereitos de conciliación. ESTIMADA
- – Formación: solicitamos respectar a literalidade do epígrafe de formación acordado para a carreira profesional, sinaladamente a inclusión da formación impartida polos Ministerios e a modificación de formación AFEDAP por “cursos dos acordos de formación para o emprego das administracións públicas. INCLUÍDA NAS ORDES. PENDENTE PARA AMPLIACIÓN A PUBLICAR O 16 DE XANEIRO, a formación impartida polos MINISTERIOS
- – Experiencia profesional: debe contemplarse de forma expresa que serán valorados como servizos nesta Administración os servizos prestados por persoal transferido doutras Administracións á Xunta de Galicia. PENDENTE PARA AMPLIACIÓN A PUBLICAR O 16 DE XANEIRO
- – Na Base III.1.2 c) apartado de probas ou procesos selectivos superados alegamos:
- c) Pola superación de exercicios ou probas de procesos selectivos convocados con data posterior ao 01.01.2001 para adquirir a condición de funcionario de carreira ou persoal laboral fixo da administración convocante que se atopen finalizados ou coa fase de oposición finalizada para o acceso á mesma escala ou categoría profesional que se convoque. Valorarase 2,5 puntos por cada proba selectiva ou exercicio superado ata un máximo de 7,5 puntos. Naqueles supostos nos que o último proceso selectivo fose anterior a dita data, este será o que se teña en conta. INCLUÍDA NAS ORDES
- – Probas físicas: Base III.1.2 c) Para estes efectos, non se terán en conta as probas superadas para acreditar o coñecemento de idiomas, probas físicas ou probas psicotécnicas. INCLUÍDA NAS ORDES
- – Formación como compensación á non realización de probas selectivas:
A corrección proposta era unha cuestión xa acordada e consensuada nas negociacións dos criterios.
Propoñíamos engadir o seguinte parágrafo: Naqueles entes instrumentais ou naquelas escalas ou categorías profesionais onde non se poidan valorar os méritos da letra c) por non ter realizado procesos selectivos, a puntuación asignarase ao apartado de formación, podendo establecerse un apartado de formación específica, onde se valorará formación específica das tarefas dos postos. INCLUÍDA NAS ORDES