Sectores

Reunión Xerencia SEAGA coas OOSS e Comités de Empresa


Hoxe tivo lugar a reunión, á convocatoria da Empresa, na que se trataron os seguintes puntos:

RENOVACIÓN MESA DE DIÁLOGO

Consonte ao resultado dos procesos electorais, varios e variopintos, acaecidos na Empresa e por acordo maioritario corresponde, de conformidade se viña facendo atribuír a representación segundo o resultado dos ditos procesos, dos que corresponde a CIG: 4 representantes, a CCOO: 3 e a UGT: 2

A Mesa de Diálogo é un órgano deliberativo, sen capacidade decisoria, en tanto que a calquera asunto tratado na mesma debe ter a aprobación dos Comités de Empresa, por NON EXISTIR CONVENIO E POLO TANTO COMITÉ INTERCENTROS (alguén terá a culpa é non UGT). Desde UGT esperamos que isto poda cambiar e entremos, agora si, nunha senda de negociación seria que permita acadar, a través da negociación colectiva, coa fin de conseguir MELLORAS PARA TODO O PERSOAL EN CUESTIÓNS DE EMPREGO, SALARIO E DEREITOS.

PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN

A xerencia expón a proposta de borrador, que corresponde co modelo remitido por Función Pública. Nese modelo existen uns parámetros que son inamovibles e outros sobre os que a Empresa pode modular certas cuestións que son as que corresponden cos outros méritos.

Dentro do consultado pola Empresa á Función Pública ao respecto da valoración do tempo traballado noutras categorías ou a permanencia no posto de traballo, como elementos ponderables, a resposta foi que EN NINGÚN CASO se podería tomar en consideración.

Con carácter xeral UGT NON ESTÁ DE ACORDO CON QUE A TOMA DE POSESIÓN RESULTANTE DOS PROCESOS SEXA COMO PERSOAL INDEFINIDO, DEBE SER COMO PERSOAL FIXO DA EMPRESA. ASÍ O REQUERIREMOS NAS ALEGACIÓNS ÁS QUE REMITIMOS Á EXPOSICIÓN PREVIA DE HOXE.

UGT considera que si ben son inamovibles os dous apartados da experiencia profesional, entendemos que  non o é o feito de poder adaptar a puntuación outorgada ao mes traballado para que se poda acadar o máximo da puntuación por parte daquelas persoas que están nesa situación, é dicir levar o tempo máximo ao ano 2008. Tamén UGT considera que o tempo traballado noutra categoría, mentres durou a “suspensión de contrato”, podería ser entendida en identidade de suposto que a comisión de servizos nun concurso de traslados, e ser considerada como tempo de traballo desde a categoría de orixe. Quedaron en darlle unha volta e mirar de poder facer proposta neste sentido.

UGT chama a atención sobre a contabilidade da experiencia profesional a que se teña en conta unha recente Sentenza do TS (27/10/22) de persoal fixo-descontinuo, segundo a que “a efectos… de promoción profesional … debe terse en conta todo o tempo de duración da relación laboral

Con carácter xeral comenta, a Empresa, que a valoración dos cursos de Galego, máis aló do Celga esixido para o acceso á categoría, pode ser contraproducente e inapropiado, é dicir non semella congruente que se valoren os cursos de linguaxe administrativo, segundo a que categorías, como pode ser peóns ou peóns especialistas.

Sobre as alternativas posibles propostas aos 7,5 puntos por probas superadas, dado que iso non se contempla para esta Empresa, propón as titulacións superiores á solicitada como requisito, as titulacións habilitantes e os cursos de prevención habilitantes. UGT ESTANDO POTENCIALMENTE DE ACORDO, entendemos que isto debe ser analizado categoría a categoría. En principio non nos parece ben, salvo que se explique e argumente correctamente, a valoración de titulacións superiores, haberá que analizar para non xerar o efecto contrario ao pretendido na Lei. Sobre as titulacións habilitantes, explicamos que non se debe confundir isto cos certificados de profesionalidade, que non constitúen en si mesmos titulación, senón habilitación para poder conseguir unha Titulación, é importante ter claros os conceptos, como dicía Manquiña (…el concepto es el concepto…), non enganemos ao persoal con cousas que non son.

Polo tanto UGT solicita que tendo sentido unhas bases xerais, a Empresa deberá adaptar os méritos específicos en función das distintas categorías.

PROCESOS POR CONCURSO-OPOSICIÓN

Expón que serán tipo test, non prácticos e que se remitirán os temarios estes días, para as alegacións das OOSS, que serán, con carácter xeral na mesma liña que os que se viñan facendo para o acceso as prazas temporais estes anos pasados.

UGT fará as alegacións que procedan, pero xa avanzamos que nos parece acaído manter a tipoloxía dos temarios que a Empresa utilizou ata o de agora, para as probas para o acceso á condición de temporal. En todo caso requiriremos que para aquelas categorías que carecendo de cursos realizados, para poder aportar puntos na fase de concurso, como son as de peón e peón especialista, se realice un curso preparatorio, ao igual que se fai no ámbito da Administración Xeral para a quenda de promoción interna, a través da EGAP, así o entendemos como de  xustiza, en tanto que nin a Empresa nin EGAP nin ningún outro tipo de entidade facilitou formación a determinadas categorías.

OUTROS PROCESOS

Explicadas as notas sobre a Oferta Pública de Emprego, pendente de publicar, dos 35 postos, requirimos sexa puntualizada cos códigos dos postos. UGT solicita isto para que non exista o mesmo problema que se está a dar nos postos das opes da Administración xeral, consideramos que clarifica, da seguridade xurídica e tranquiliza sobre o posible resultado dos proceso. Todo aquel que se presenta a unha ope debe saber a priori a que se presenta, con independencia do destino que poda elixir como resultado do proceso.

CALENDARIO LABORAL

Debido a falta de tempo tratouse moi por riba e como a xerente ten as propostas das diferentes sedes provinciais e de servizos centrais haberá que ter unha nova reunión cos comités para un posible acordo de calendario e horario laboral. A xerencia non descartou unha posible reunión co Secretario Xeral Técnico da Consellería para consensuar esta cuestión.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.