Sectores

Publicacións en DOG de eleccións de destino: Escala de Letrados/as quendas interna e libre de A2 e C1


ELECCIÓN DE DESTINO DEFINITIVO, SUBGRUPO A1, ESCALA DE LETRADOS (LIBRE E INTERNA)

Enlace á Resolución

  • – Publicase como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.
  • – Publícase como anexo II os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación.
  • – As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo ao que acceden e de conformidade co indicado no anexo II da resolución.
  • – Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación.
  • -No prazo máximo de 2 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
  • – Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de 5 días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

CORPO DE XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBGRUPO A2:

Quenda de promoción interna, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020.

Nomease persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da C.A. de Galicia, subgrupo A2, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo da resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais ou definitivos, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Base IV.6: A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

Ás persoas aspirantes que superen este proceso selectivo adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo, sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo de Administración xeral a que acceden.

No caso de que a persoa aspirante non ocupe un posto con carácter definitivo que non estea aberto ao corpo, ofertarase na elección de destino unha vacante que poderá ser de nivel superior ao nivel mínimo do subgrupo, no caso de que non haxa vacantes deste nivel.

Quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

Nomease persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da C.A. de Galicia, subgrupo A2, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo da resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo

CORPO  ADMINISTRATIVO DA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBGRUPO C1:

Quenda de promoción interna, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020.

Nomease persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral da C. A. de Galicia, subgrupo C1, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo da resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais ou definitivos, segundo o disposto na base IV.6 (idéntica redacción que no suposto do A2), os que figuran no mesmo anexo.

Quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

Nomease persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Nos supostos dos Subgrupos A2 e C1, para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán:

 Cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e

 Tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.