Onte tivo lugar a Comisión Extraordinaria de Persoal que tratou o proxecto de orde pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo procedente do CGSIB.
Aceptada a alegación de UGT de retirar do Anexo a categoría 37 do Grupo II, mantéñense os puntos 4, 5 e 6 do artigo 6 ao respecto dos efectos da integración, sobre a diferencia de retribucións a través dun complemento persoal de integración de carácter transitorio, o recoñecemento de servizos previos prestados para o cálculo da antigüidade aos efectos de trienios, e que ao persoal integrado aplicaráselle, para todos os efectos, o réxime económico e xurídico do VCCU da Xunta de Galicia, sen que en ningún caso orixine dereito a indemnización ningunha.
Publicarase a principios de xaneiro de 2023 para que colla a homologación salarial realizada, co voto a favor de UGT, no acordo de adhesión ao VCCU.
Sentido do voto:
UGT: A FAVOR CIG: En contra CCOO: A favor CSIF: En contra.
ARGUMENTACIÓN DO SENTIDO DO VOTO DE UGT:
É un paso máis para acadar a integración como persoal laboral fixo da Xunta, necesario para a definitiva homologación marcada hai 6 años. A integración permite a inclusión dentro do ámbito subxectivo do persoal da Xunta, con dereito a cobro do complemento de desempeño, non se entende que poda haber quen pretenda demorar máis esta integración e negarlle a este persoal o percibo ao complemento.
Non formula ningún tipo de dúbidas que as categorías deben ser encadradas nas existentes e homólogas ás do VCCU. Non se debe confundir ao persoal, neste momento producirase a integración como persoal laboral fixo da Xunta, calquera que pretenda enredar con outras cuestións como é a funcionarización futura o único que fai é poñer pedras nas rodas a un proceso que por lento xa aburre.
Carece de vergoña quen pon argumentos peregrinos sobre a competencia ou non de poder arranxar unha problemática xerada pola parte do goberno bipartito do BNG. A nosa opinión é clara eles xeraron o problema…nos poñemos solucións…cando xeras problemas e non das solucións o problema quizá é quen sen enroca e non aporta en positivo.
UGT require, iso si, que a RPT sexa traída á Mesa Xeral dunha vez, xa que logo foi alegada en dúas ocasións e semella que quen ten a competencia para a súa análise non é capaz, a un mes vista de lanzar a oferta de emprego, de converter as prazas laborais en funcionariais, e é necesario e obrigado antes da aprobación da dita oferta.