Sectores

Mesa Sectorial Persoal Funcionario Extraordinaria (5/12/2022)


Deuse conta por parte da Dirección Xeral da Función Pública de:

ALEGACIÓNS ACEPTADAS AO RESPECTO DOS TEMARIOS DALGÚNS DOS PROCESOS DERIVADOS DA LEI 20/2021.

Algunhas das cuestións, a espera da revisión total das alegacións dos temarios específicos, por parte das Consellerías propoñentes dos mesmos e que se remitirán ás OOSS antes da Comisión de Persoal, son:

  • Bioloxía: Acéptase a proposta para a utilización do temario da ope do ano 2019, actualizando o que estea derrogado.
  • Química: acéptase os cambios propostos nos temas 34/40 e 41 e se suprime a normativa derrogada.
  • Veterinaria: no tema 30 suprímese normas derrogadas.
  • Enxeñería Técnica Obras Públicas: acéptase a alegación dos temas: 1, 3, 4, 6 e 14
  • Enxeñería Técnica Agrícola: Acéptase redución nos temas: 1, 18, 25, 27, 28, 31 e 32.
  • Linguaxe de signos: acéptase o desglose do tema 1 en 4 temas, todos eles de normativa.
  • Xerocultor/a: acéptase a redución do temario específico a 13 temas.

UGT FAI CONSTAR:

A remisión ás alegacións aportadas, con especial consideración na igualdade dos mesmos coa necesaria proporcionalidade en función das competencias dos postos de traballo. Facemos alusión a que en:

Sistemas de Información Xeográfica no temario común constan 14 temas, cando o acordado son 13, para o A1.

Bioloxía, no temario específico, no arquivo independiente aparecen 55 temas e no arquivo conxunto con outras escalas aparecen 45 temas, que se aclare cal é o que corresponde.

Nas especialidades Náutico-Pesqueiras sucede o mesmo, no arquivo independiente aparecen 40 temas e no conxunto con outras escalas aparecen 47, polo que solicitamos aclaración.

CARREIRA PROFESIONAL E COMPLEMENTO DE DESEMPEÑO:

Aberto o prazo de solicitudes, informa que o venres ás 15:00 hs, con todos os problemas que deu a plataforma, tiñan solicitado máis de 2.000 persoas, TAN MALO NON DEBE SER O ACORDO. PARABÉNS AOS QUE REINCORPORAN Á PERCEPCIÓN DA CARREIRA, E AOS QUE ACCEDEN POR PRIMEIRA VEZ, CONSECUCIÓN PARA TODOS CO VOTO A FAVOR DE UGT.

PROCESOS SELECTIVOS DA LEI 20:

O luns remitirán as convocatorias dos mesmos, con 3 partes:

  • A convocatoria co número de prazas.
  • Os programas, que levarán publicación a parte.
  • Listaxe de prazas: neste aspecto alude á remisión ás Organizacións Sindicais cando estean revisadas todas as alegacións remitidas e contestadas logo da revisión feita polas mesmas.

APROBACIÓN DA OPE ORDINARIA DE 2022:

Remiten a semana que ven borrador que recollerá a taxa de reposición ordinaria, quenda de promoción interna separada e quenda de funcionarización.

RPT FUNCIONARIZACIÓN DO GRUPO V CATEGORÍAS 1 E 11:

Remiten a semana que ven a RPT coa requirida, por UGT, homologación de categorías por tipoloxía de centros e revisión das sentenzas de recoñecemento de pluses que temos alegado,

OUTRAS INFORMACIÓNS DADAS POLA DIRECCIÓN XERAL:

  • Concurso de finanzas: están traballando nel, a semana que ven, na vindeira Comisión de Persoal, informará da data concreta de publicación do mesmo.
  • Toma de posesión o I-004 (Titulado Superior): está prevista a súa publicación en DOG o vindeiro día 12, xa que foi hoxe asinada a polo DXFP.
  • A2 e C1: prazo de toma de posesión, está previsto se publique o vindeiro día 12 no DOG.
  • C2: van a intentar sacar a elección de destino durante este mes de decembro, así como, algunha categoría máis, aínda que é certo que a partir da semana que ven, todo o que non de tempo a sacar quedaría xa para xaneiro do vindeiro ano. Intentaranse publicar dous ou tres categorías máis para elección de destino.
  • RPT de funcionarización do Grupo V: esta prevista a finalización da negociación e aprobación neste mes de decembro, aínda que polas datas nas que estamos a previsión é que a toma de posesión sexa para os meses de febreiro ou marzo do ano que ven.
  • – Sobre a cuestión de que porque hai menos prazas do A1 para a consolidación, explica que porque dentro do A1 e o I-004, máis de 30 prazas foron encadradas en postos como por exemplo de enxeñería, arquitectura, atendendo a recoñecementos de sentenzas ou casos nos que as prazas nin estaban creadas, de todas formas alude a un desaxuste de prazas inferior ao 0.5%
  • – Está previsto colocar na web de Función Pública a relación por escalas e remitir ás OOSS unha folla de cálculo para fin de realizar as comprobacións oportunas.
  • – Confirma que o venres remitíronse aos Entes Instrumentais os modelos de convocatoria para que inicien as negociacións dentro do seu ámbito.
  • Anuncia que a OPE dos procesos de estabilización derivados da Lei 20 irá ao Consello da Xunta do día 22 de decembro. A Lei de medidas extraordinarias referentes ao emprego público publicarase o día 21, prevendo esta a posibilidade de que o prazo de solicitudes comezará o luns día 16 de xaneiro.

Os criterios de baremación para aplicar nos procesos de estabilización da Lei 20/2021, segundo indica non serán publicados en DOG, se non a través da web da Dirección Xeral da Función Pública.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.