Sectores

Apertura de varias listas de substitucións


Veñen de publicarse as convocatorias para participar na cobertura de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de profesorado de escolas oficiais de idiomas e profesorado de música e artes escénicas e tamén dos corpos de profesorado de ensino secundario e profesorado técnico de Formación Profesional.  Consulta se atinxe á túa especialidade! O prazo para inscribirse está aberto e remata o 9 de decembro. 
Para facerche máis doado o seguimento, poderás consultar este documento coas actualizacións que se vaian producindo. Como sempre tamén podes contactar co  liberado da túa zona.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.