CONFIRMADO O ABONO DOS ATRASOS DO INCREMENTO DO 1.5% ADICIONAL NAS RETRIBUCIÓNS NA NÓMINA DE NOVEMBRO
Esta subida adicional do 1,5% engadida ao 2% aplicado desde o 1 de xaneiro de 2022, emana do “Acordo Marco para unha Administración do século XXI” subscrito, no marco da mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, pola Ministra de Facenda e Función Pública, en representación do Goberno de España, e as organizacións sindicais UGT e CCOO (71,4 % de representatividade e 10 membros na mesa -5 cada un-) o pasado 19 de outubro. A este aumento opúxose, co seu voto en contra, CSIF (22,2% de representatividade). Nel, ademais de moitas materias de carácter xeral, tamén se fixaron os incrementos retributivos dos exercicios 2023 e 2024. Os seus efectos económicos aplicáronse con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2022.
Posteriormente, no ámbito de Galicia, o acordo foi trasladado á Mesa Xeral de Negociación das Empregadas/os Públicos da Comunidade Autónoma, aprobándose co voto a favor de UGT. Abstivéronse a esta subida, os sindicatos CIG e CSIF, falando do pacto da vergoña, do que por certo eles tamén se benefician.
EFECTOS PRÁCTICOS NO ANO 2022
No exercicio 2022, o incremento fixo alcanza o 3,5%, ao engadirse un 1,5% ao incremento do 2% xa aprobado na Lei 17/2021. No ámbito de Galicia, co apoio á Lei, por UGT Servizos Públicos, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario para os empregados do sector público autonómico de Galicia, en aplicación do previsto no Real Decreto lei 18/2022, de 18 de outubro, a nómina do mes de novembro incluíu o incremento adicional do 1,5% e os atrasos correspondentes a ese 1,5% desde xaneiro ata outubro de 2022.
Para axudarvos ao cálculo; debedes ter en conta que o 1,5% adicional calcúlase sobre as retribucións vixentes ao 31 de decembro de 2021 e aplícase a todas as retribucións básicas e complementarias, lembrade por unha banda estarán as correspondentes aos meses desde xaneiro a outubro -ambos os incluídos- e por outro as do mes de novembro xa se incluíron actualizadas na nómina deste mes.
LEMBRA!!!
Para o ano 2023 o incremento é do 2,5 % en todas as retribucións, básicas e complementarias, ademais, a partir do 1 de xaneiro de 2023 recupérase a carreira profesional, e o complemento de desempeño no 80% da totalidade da contía, e os atrasos do ano 2022, grazas á negociación de UGT que desbloqueou a situación xerada pola sentenza da CIG aproveitando esa situación pola Administración. O anterior supón un incremento acumulado medio do 11,16%.
Para 2023 engádense dúas subidas variables de 0,5%, a primeira se o IPC harmonizado de 2022 e 2023 supera o 6% e tería carácter retroactivo e consolidable, e a segunda operaría se o PIB nominal en 2023 chega ao 5,9%.
Para 2024 establécese un aumento fixo do 2% máis un 0,5% variable que se cobraría si o IPC harmonizado de 2022, 2023 e 2024 supera o 8% e tamén tería carácter retroactivo e consolidable.
SEGUIMOS DEFENDENDO OS TEUS DEREITOS