PROBLEMÁTICA NOS DISTINTOS CENTROS POLO INGRESO DE USUARIOS PSIQUIÁTRICOS
Esta cuestión xa foi tratada en anteriores comités, vólvese a incidir na necesidade de abordar a problemática, xa que as consecuencias, de non poñer solución, poden chegar a ser graves, de feito estanse a producir situacións nas que o persoal acode ao seu traballo con medo.
Concórdase na necesidade de que se rexistren todos os episodios de agresións ou de risco de agresións aínda que non causen lesión nin se chegue á incapacidade temporal, do persoal, todo elo co fin de poder cuantificar e facer visible este problema que se produce de xeito habitual nos centros.
INEXISTENCIA DE ESPAZOS ESPECÍFICOS PARA A LACTACIÓN
UGT incluíu este punto formulando o seu incumprimento por parte da Administración. As propias medidas do manual de prevención no embarazo e a lactación do Servizo de Prevención da Xunta de Galicia e a Lei 5/2001, obrigan a que os novos edificios de uso público deben estar dotados de espazos específicos para a lactación dotados con cambiadores para o aseo de nenos e nenas e os demais edificios deberían terse adaptado no prazo de 6 anos á entrada en vigor da norma.
Ante este incumprimento nos novos edificios e a falla de previsión de adaptación do resto de edificios de uso público da nosa Consellería a administración comprometeuse a valorar unha solución.
ESTADO DE AVALIACIÓNS DE RISCOS PSICOSOCIAIS
Exponse o resultado das distintas avaliacións de riscos psicosociais salientando que na Residencia de Maiores de Oleiros non se chegou á participación mínima para a valoración dos resultados. Esta falla de participación pode ser atribuída á non implantación de medidas correctoras tras a primeira enquisa de avaliación de riscos realizada.
Acórdase volver a reunir ao grupo de traballo e volver a traballar sobre os resultados da primeira enquisa realizada.
ADAPTACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
Este tema foi tratado en anteriores comités formúlase a necesidade de abordar este problema, a administración refire que é un tema que lle preocupa que sigue buscando solución.
REALIZACIÓN DE ESTUDOS DE RISCOS PSICOSOCIAIS NOS SERVIZOS DE MENORES
Tras a valoración de moi malos resultados da avaliación de riscos psicosociais do servizo de menores en Vigo formúlase se esta problemática é puntual de este Servizo ou xeral de todos os servizos de menores da nosa Consellería, motivo polo que se acorda a necesidade de realizar estudos de valoración de riscos psicosociais en todos os servizos das distintas provincias es que os seus resultados sexan revisados polo grupo de traballo xa creado para a avaliación de riscos psicosociais do servizo de menores de Vigo.