A EGAP ven de comunicar o inicio do proceso de elaboración do plan de formación para o ano 2023, por este motivo dirixiuse ás Organizacións Sindicais co fin de que lle sexan remitidas propostas de actividades formativas.
Na proposta a presentar diferenciaranse as actividades de formación transversal das actividades específicas para determinados colectivos ou consellerías.
O prazo sinalado como tope de recepción de propostas formativas é o día 2 de decembro de 2022.
Unha vez recibidas todas as propostas, a EGAP avaliará e seleccionará as actividades do Plan de formación para 2023. As propostas formativas referidas a materias específicas de cada consellería, trasladarán as suxestións aos coordinadores de formación de cada unha das Consellerías.
ACHEGA AS TÚAS PROPOSTAS Á TÚA SECCIÓN SINDICAL DE UGT OU AO ENDEREZO