Publicada hoxe en DOG a resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2021 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, que se especifican nos Anexos I e II da resolución.
CONSULTA DAS PUNTUACIÓNS
-
As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia (http://funcionpublica.xunta.gal), apartado Listas de contratación:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
ENTRADA EN VIGOR
-
As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte á da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (25/11/2022).
RECLAMACIÓN
-
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.