Sectores

UGT reclama mellores condicións laborais



UGT inicia a campaña de baixada de rateo en febreiro de 2022, seguido dunha rolda de prensa en abril. A Consellería segue insistindo que non depende deles, e nós demostramos que si se pode modificar isto e moito máis.

 

Basta xa de excusas!!!

MENOS RATEO NAS AULAS 

Véxase o logrado noutras CCAA por UGT:

  • ARAGÓN: 22 nenos/as en Infantil e Primaria, 27 na ESO e 30 en Bacharelato e formación Profesional. (Acordo de 2015 que segue vixente).
  • CANTABRIA: 20 alumnos/as na etapa de Educación Infantil, co compromiso do análise e estudo para a baixada de rateo en Educación Primaria. (Acordo do 27 de abril de 2022).

 

REDUCIÓN DO HORARIO LECTIVO
UGT reclama a redución de horario lectivo a menos de 25 horas en Infantile Primaria, e a 20 no resto de corpos.

Unha vez máis isto é posible e xa é unha realidade nalgunhas CCAA:

  • NAVARRA: 19,5 horas lectivas en Infantil e Primaria; e a 18 horas no resto dos corpos.
  • CANARIAS: 23 horas en Infantil e Primaria e 18 no resto dos corpos.
  • LA RIOJA: 23 horas lectivas e xornada de 35 horas.

 

PERMISOS E LICENZAS 

UGT segue coa solicitude de recuperación e mellora de dereitos en permisos e licenzas do profeorado.

Noutras CCAA avanzan e nós en Galicia estancamos:

  • EXTREMADURA: Ano sabático, licenzas por estudos retribuídas, redución de xornada a maiores de 55 anos…
  • ANDALUCÍA: lactación para os dous proxenitores.
  • LA RIOJA: Redución de 2 horas para maiores de 55 anos e de 5 horas para maiores de 60.

 

Seguiremos loitando dende a Mesa Xeral e a Mesa Sectorial para que isto sexa unha realidade na nosa CCAA.

Cal é a razón pola que a Administración se nega sistematicamente a negociar esta demanda?

Por que en Galicia, os sindicatos non somos capaces de arrancar un acordo tan demandado polo profesorado e que noutras comunidades a UGT é capaz de acadar?

Co teu apoio isto pode ser realidade en Galicia tamén, axúdanos a que a UGT teña máis forza para logralo!

 

XUNTOS PODEMOS MÁIS!!!

 

UGT Informa T descargas

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.