Acaba de publicarse a ORDE do 28 de outubro de 2022 pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de
procedemento ED021A). O prazo para presentar solicitudes comeza mañá 10 de novembro e será de 20 días hábiles.
As persoas interesadas deberán formular unha solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED021A)
Se tes algunha dúbida ou precisas axuda podes contactarnos a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.galicia@ugt-sp.ugt.org