Sectores

Constitución Mesa Negociadora de pluses FUNGA: Reunión da representación do persoal da Funga (UGT) coa Dirección-Xerencia


Hoxe tivo lugar a primeira reunión co obxectivo de CONSTITUIR a MESA DE NEGOCIACIÓN de PLUSES de TODO o persoal da FUNGA. Dáse así o primeiro paso co obxectivo que UGT marcou como compromiso co persoal, iniciando a partir de agora un procedemento negocial que supoñemos non debe alongarse no tempo.

A mesa de negociación está constituída:

  • Por parte da Administración: Dirección Xeral de Inclusión e o Dirección-Xerencia da FUNGA

  • Por parte dos traballadores: delegada sindical de UGT coa asesoría do citado sindicato

O obxecto da negociación é o recoñecemento dos pluses de perigosidade e penosidade.

Por parte, da representación sindical, UGT solicitouse tal retribución para todo persoal da FUNGA, independentemente da súa categoría profesional.

Por parte da empresa manifestan a súa intención de chegar a un consenso e para iso inciden en que traballarán con boa predisposición e espírito de diálogo, cuestión que UGT espera se reflexe en bos resultados para todos e todas.

A proposta de UGT, nos próximos días remitirán unha Análise de Postos de Traballo (APT), á que realizaranse as alegacións que se consideren oportunas, logo do seu análise e as vosas aportacións, co fin de sinalar nova reunión de traballo da que se deberán ir concluíndo e acadando os avances do proceso.

En canto teñamos os documentos farémolos públicos, para as vosas aportacións.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.