Sectores

Mesa Xeral Empregados Públicos – Comisión de persoal (28.10.2022)


CARREIRA DE PERSOAL FUNCIONARIO E PERSOAL LABORAL

Que PASOU coa nosa carreira profesional? Por que se suspendeu no ano 2021?

O fallo do TSXG di literalmente ESTIMAMOS PARCIALMENTE el recurso contencioso- administrativo interpuesto por la representación legal de la CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG), contra la ORDEN de 15 de enero de 2.019 (DOG n.º 19, de 28 de enero de 2019), por la que se publica el Acuerdo de concertación del empleo público de Galicia, Anulando la Sección 2ª (sistema de carrera profesional) de la Orden impugnada, y aquellos otros artículos instrumentales y aplicativos de la misma Orden dirigidos a desarrollar lo dispuesto en la Sección 2ª del Acuerdo de Concertación, y acordando la publicación de la anulación en el Diario Oficial de Galicia para conocimiento general de los afectados/as, de la misma forma en la que sepublicaron las normas impugnadas”.

Que hai de certo en que non había necesidade de renegociar e que estaba gañada a aplicación universal?

Non hai dúbida de que non se estendeu o dereito e que se estimou a anulación do parte do Acordo sindical e da Orden que estableceu dito dereito. Por iso, houbo que renegociar e, os que proclaman que non era necesario renegociar, participaron das negociacións abertas, unha vez que os sindicatos asinantes conseguimos na Comisión de seguimento do Acordo celebrada o 28 de maio de 2021, o desbloqueo e reapertura da negociación con todos os sindicatos. Sen dúbida, alguén terá que respostar a estas cuestións. Recordade que o Acordo fora votado favorablemente por UGT e CCOO na Comisión superior de persoal do 27 de decembro de 2018, e estamos en novembro de 2022, refacendo o feito.

Para que renegociar un novo Acordo?

• Para continuar percibindo os incrementos salariais máis altos acadados na administración xeral da Xunta.
• Para conseguir unha nova regulación e restituír así un dereito anulado a instancia dun sindicato, que supoñía unha aportación significativa á recuperación salarial.
• Para que se aplicará a extensión a todo o persoal que se acordou na Comisión de persoal de 23 xullo de 2019 e que Xunta non aplicou, coa escusa do proceloso enredo xudicial.

Chegados a este punto, evitando caer en demagoxias e en lamentacións, continuamos coa nosa maneira de entender a defensa dos intereses das persoas empregadas públicas, RESTITUINDO A REGULACIÓN E GARANTINDO O DEREITO á carreira profesional anulada por sentenza firme do TSXG á demanda presentada pola CIG, renegociando o acordo coa extensión a todo o persoal acordada xa na Comisión de persoal de 23 xullo de 2019: persoal interino, persoal temporal laboral, persoal laboral indefinido non fixo, persoal laboral fixo-descontinuo, persoal laboral que non reunía requisitos de funcionarización, persoal laboral que non terá oferta de funcionarización, persoal laboral coa funcionarización superada pero sin toma de posesión, persoal funcionario que non reunía requisitos de 5 anos e se lle suspendeu apertura do acceso, e todo o persoal que xa percibe o grado I que poderá acceder o grado II…..

Para o persoal laboral fixo que non superou o proceso de funcionarización, ou que renunciou voluntariamente ao mesmo ou que non se presentou na primeira convocatoria realizada, ACADAMOS a convocatoria dun novo proceso, que se convocará no prazo de 6 meses desde a sinatura deste acordo.

Para UGT era liña vermella que o importe de pago do grao I do persoal que inicia a percepción e do grao II fose do 80% do importe total en xaneiro de 2023 e garantir que o 60% que se abona en 2022 teña carácter retroactivo dende xaneiro. Ambas cuestións foron acadadas. As contías anuais que se perciban por este complemento devindicaranse en 12 mensualidades (actualizadas anualmente coa porcentaxe de incremento que establezan as sucesivas leis de orzamentos)

CARREIRA ADMINISTRATIVA PERSOAL FUNCIONARIO CARREIRA/INTERINO

Grao I – II

A1/ grupo I

A2/ grupo II

Grupo B

C1/grupo III

C2/grupo IV

AP/Grupo V

Importe total*

2.589,12 €

1.812,00 €

1.291,20 €

1.168,56€

991,80 €

801,48 €

2022 (60%)**

1.553,47 €**

1.087,20 €**

774,72 €**

701,136€

595,08 €**

480,89 €**

2023 (80%)

2.071,30 €

1.449,60 €

1.032,96 €

934,848€

793,44 €

641,18 €

2024 (100%)

2.589,12 €

1.812,00 €

1.291,20 €

1.168,56€

991,80 €

801,48 €

*Importes anualidade 2022 sen incluír o incremento do 1,5% aprobado sobre o 2% establecido inicialmente para esta anualidade.

**Importe ano 2022 completo a abonar nun único pago, correspondente a toda a anualidade 2022

Grao I: cinco anos de antigüidade a 31.12.2021

Grao II: once anos de antigüedade a 31.12.2021.

Grao III con acceso extraordinario a convocar no segundo semestre do ano 2024 con efectos 1 de xaneiro 2025.

Sentido do voto da carreira de persoal funcionario:

UGT: a favor. CIG: en contra. CCOO: a favor. CSIF: a favor.

Sentido do voto do complemento de desempeño para persoal laboral:

UGT: a favor. CIG: en contra. CCOO: a favor. CSIF: en contra.

A Carreira administrativa de persoal funcionario e o complemento de desempeño de postos de persoal laboral conforman dous documentos separados pero de condicións son idénticas. Como vedes hai a quen vota si na renegociación para persoal funcionario interino, que non lle valeu en 2018, e vota non para persoal laboral temporal e mesmo pode facer perigar a aplicación o persoal laboral temporal e resto de persoal laboral que lle sería de aplicación.

CRITERIOS XERAIS CONVOCATORIAS PROCESOS SELECTIVOS DERIVADOS DA LEI 20/2021

Despois de meses de negociacións entre a DXFP e as OOSS, na que partimos de posicións moi distantes ala polo mes de maio, chegamos ao día de hoxe cun documento traballado, consensuado e mellorado polas aportacións das partes e do persoal e colectivos afectados, no que ademais, se tiveron en conta aquelas cuestións tratadas axeitadamente, ao noso entender, nos documentos de traballo e publicacións doutras administracións, en aras á definición dun documento de amplo consenso, de ampla garantía legal e de axilidade para a súa implementación.

A valoración destes criterios é inseparable dos criterios que introduce o anteproxecto de lei de medidas urxentes de valoración de servizos de persoal temporal e interino, de primar os servizos na categoría e administración da Xunta, non poder obter mais dunha praza, servizo activo de dous anos…….

Os principais fitos acadados froito das negociacións e alegacións achegadas tanto por UGT, como polas outras OOS presentes na mesa, e que poderíamos resumir nas seguintes cuestións:

  • A data de valoración dos méritos será a data da publicación da correspondente convocatoria do proceso selectivo no Diario Oficial de Galicia.

  • A diferenciación nos órganos convocantes na Administración e no Sector público autonómico.

  • O Sector público autonómico convoca prazas con persoal non incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

  • A diferenciación, en virtude do establecido no punto anterior, da puntuación establecida entre a experiencia na entidade convocante fronte a outras. Nos procesos selectivos de CONCURSO-OPOSICIÓN (diferenciase entre 0,25 puntos mes e 0,125 puntos/mes) e nos de sistema de CONCURSO (diferenciase entre 0,30 puntos mes e 0,125 puntos/mes).

  • A utilización dos servizos prestados na Administración autonómica galega, primeiro na categoría, corpo ou escala obxecto da convocatoria, e despois, en calquera categoría, como criterio de desempate trala infrarrepresentación do sexo feminino.

  • O establecemento das seguintes porcentaxes na distribución das baremacións, segundo se trate dos procesos selectivos de concurso-oposición (60% a oposición e 40% os méritos) ou concurso (70% experiencia profesional acreditada na Administración ou entidade convocante, na propia escala ou categoría profesional da convocatoria ou en escala ou categoría profesional equivalente e 30% outros méritos).

  • O apartado outros méritos distribúese nos procesos selectivos de concurso-oposición (30% experiencia profesional e 10% cursos de formación e galego) e os de concurso (70% experiencia profesional e 30% cursos de formación, galego e superación de exercicios ou probas de procesos selectivos, incluídas as probas físicas que forman parte de procesos selectivos). Respecto aos cursos, inclúense especificamente os do INEM.

  • Os entes instrumentais aplicarán os criterios recollidos neste acordo, pero atendendo as súas especificidades poderán modificar o apartado doutros méritos, previamente negociada coas OOSS e informada favorablemente pola DXFP.

  • Constará en acta, que “as convocatorias dos procesos selectivos, tras a negociación coas OOSS, valorarán os servizos prestados en SEAGA, naquelas escalas nas que se realizou unha creación de prazas na Consellería do Medio Rural coa correlativa supresión de prazas en SEAGA”.

  • Unha nova disposición adicional recollerá “excepcionalmente, e dada a peculiaridade de determinados procesos poderanse adaptar os criterios establecidos neste documento no apartado outros méritos. Dita adaptación deberá contar co informe favorable da DXFP, tras a correspondente negociación previa coas OOSS.

Sentido do voto: 

UGT: a favor. CIG: en contra. CCOO: a favor. CSIF: en contra.

DECRETO DE OPE EXTRAORDINARIA DE ENTES INSTRUMENTAIS DO SECTOR PÚBLICO AUTONÓMICO

Segundo informan a oferta extraordinaria deriva da creación de novos servizos que non se poden incluír na oferta ordinaria de taxa de reposición, trátase de Unidade de terapia avanzada de cancro de Galaria, SEAGA, cadea alimentaria e fondos UE, Sociedade de investimento para seguimento de obras de novos hospitais, XES fondos UE, Portos fondos UE e novos servizos.

UGT solicitamos cadro de postos e que se respecte a porcentaxe legal de discapacidade e a promoción interna si está recollida en Convenio, posto que aparece como potestativa. Vai a Comisión de persoal o vindeiro 2 de novembro.

RACIONALIZACIÓN DOS PROCESOS DE ELECCIÓNS SINDICAIS E DETERMINACIÓN DOS ÁMBITOS ELECTORAIS DO PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA DXFP

1.- Adiamento dos procesos electorais como única garantía para dar cumprimento ao dereito das persoas traballadoras a elixir aos seus representantes. Polo que, se deben acomodar e acompasar as eleccións sindicais as tomas de posesión derivadas da estabilización e da funcionarización.

Os procesos de funcionarización e as OPE da Lei 20/21, e as modificacións das RPTs para adaptalas a esta nova situación, xunto coas coberturas de postos que facían con persoal laboral temporal e agora se fan con persoal funcionario interino…, afectan e alteran as eleccións do persoal laboral ao descender drasticamente os censos e no ámbito funcionarial ao incrementarse os censos de forma continua, coa resolución sucesiva de ditos procesos.

As eleccións sindicais de facerse no 2023 quedarían sen virtualidade, co decaemento da condición de persoas delegadas ao cambiar o seu vinculo xurídico, a desaparición ou redución de membros dos comités de empresa e en moitos casos coa imposibilidade do exercicio do dereito ao sufraxio activo e pasivo dunha grande parte das persoas traballadoras, que muden a súa relación xurídica no período electoral. Noutros casos seria necesario, seguramente, repetir un grande número delas co consecuente prexuízo para todos: Administración, Organizacións Sindicais e electores.

Non chegar a racionalizar o proceso nesta situación implicaría uns efectos negativos para o normal desenvolvemento dos procesos electorais. Primeiro; decaerían representantes elixidos e terían que repetirse moitas eleccións de comités ou delegados de persoal cos censos resultantes de persoal laboral non funcionarizado; segundo; as xuntas de persoal quedarían infrarrepresentadas dado que o transvase e conseguinte incremento dos censos de funcionarios, que as deberían compoñer polos procesos de funcionarización e estabilidade, sería posterior as datas de votación.

Polo tanto, a DXFP é as organizacións sindicais da Mesa xeral acordamos adiar o calendario, con votacións no último cuadrimestre do ano 2024, e realizar todo o proceso en 4 meses en lugar de ano e medio, como fora o anterior.

2.- Homologar os ámbitos electorais de persoal funcionario e persoal laboral establecendo CINCO ámbitos electorais de persoal funcionario e CINCO de persoal laboral, por cada unha das provincias agrupando as consellerías e entes delas dependentes incluídos na Relación de Postos de Traballo ou no V convenio colectivo do persoal da xunta de Galicia do seguinte xeito:

1.-Presidencia da Xunta de Galicia, Vicepresidencia 2ª e Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes; Facenda e Administración Pública; Promoción de Emprego e Igualdade.

2.-Vicepresidencia 1ª e Consellería de Economía Industria e Innovación; Infraestruturas e Mobilidade.

3.-Medio Rural, Medio Ambiente Territorio e Vivenda; Mar

4.-Cultura, Educación, Formación, Profesional e Universidades.

5.-Política Social e Xuventude; Sanidade.

E establecer un ámbito electoral do persoal funcionario e outro de persoal laboral nos Servizos centrais de todas as Consellerías, Organismos Autónomos, Axencias, e Casa de Galicia en Madrid, con sede en Santiago de Compostela.

As unidades electorais poderán adecuarse para os vindeiros procesos electorais atendendo ao cambio de estrutura orgánica da Xunta de Galicia ou á evolución dos censos das diferentes unidades electorais.

Sentido do voto:

UGT: a favor. CIG: a favor. CCOO: a favor. CSIF: a favor.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.