Sectores

Mesa Xeral EEPP e Comisión de Persoal Extraordinarias (28.10.2022)


Hoxe celebráronse, de maneira sucesiva, unha Mesa Xeral de Empregados Públicos e unha Comisión de Persoal, extraordinarias, ao respecto dos seguintes temas:

MXEEPP

Criterios da nova OPE Extraordinaria 2022 relativa a determinados entes da Xunta de Galicia

Proxecto de Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se establecen os criterios xerais que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos derivados da Lei 20/201, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución de temporalidade no emprego público.

CCPP

Proxectos de acordo entre a Xunta de Galicia e as OOSS:

Desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da carreira administrativa

Establecemento do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

Establecemento dos criterios xerais que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos derivados da lei 20/2021.

Racionalización dos procesos de eleccións sindicais e determinación dos ámbitos electorais do persoal funcionario e laboral.

SISTEMA TRANSITORIO DE RECOÑECEMENTO DA CARREIRA ADMINISTRATIVA

Qué PASOU coa nosa carreira profesional? Por qué perdemos os importes do ano 2021?

O fallo do TSXG di literalmente ESTIMAMOS PARCIALMENTE el recurso contencioso- administrativo interpuesto por la representación legal de la CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG), contra la ORDEN de 15 de enero de 2.019 (DOG n.º 19, de 28 de enero de 2019), por la que se publica el Acuerdo de concertación del empleo público de Galicia, Anulando la Sección 2ª (sistema de carrera profesional) de la Orden impugnada, y aquellos otros artículos instrumentales y aplicativos de la misma Orden dirigidos a desarrollar lo dispuesto en la Sección 2ª del Acuerdo de Concertación, y acordando la publicación de la anulación en el Diario Oficial de Galicia para conocimiento general de los afectados/as, de la misma forma en la que sepublicaron las normas impugnadas”.

Que hai de certo en que non había necesidade de renegociar e que estaba gañada a aplicación universal?

Non hai dúbida de que non se estendeu o dereito e que se estimou a anulación do parte do Acordo sindical e da Orden que estableceu dito dereito.

Por iso, houbo que renegociar e mesmo os que proclaman que non era necesario participaron das negociacións abertas, unha vez que na Comisión de seguimento do Acordo, de data 28 de maio de 2021, se acadou o desbloqueo da posición da Xunta e reapertura da negociación. Sen dúbida, alguén terá que respostar a estas cuestións, e non seremos nós, posto que o acordo anulado foi froito das negociacións e o acordo acadado por UGT e CCOO coa DXFP no ano 2019, para todo o persoal da Administración autonómica.

Para que renegociar un novo Acordo?

Para conquerir a restitución dun dereito anulado a instancia dun sindicato, que supoñía unha aportación significativa á recuperación salarial. Para que se aplicará a extensión a todo o persoal que se acordou na Comisión de persoal de 23 xullo de 2019 e que Xunta non aplicou, coa escusa do proceloso enredo xudicial. Para continuar percibindo os incrementos salariais máis altos acadados na administración xeral da Xunta.

Chegados a este punto, evitando caer en demagoxias e en lamentacións, continuamos coa nosa maneira de entender a defensa dos intereses dos traballadores, de tal xeito que UGT solicitou e ACADOU o desbloqueo da carreira profesional anulada por sentenza firme do TSXG á demanda presentada pola CIG, negociando este novo acordo para que todo o persoal da Admón pública galega, como xa se recollía no acordo de xullo de 2019 apoiado por este sindicato, poida desfrutar deste dereito recollido na disposición oitava da LEPG. 

Ademais, en particular solicitou e ACADOU, que o importe de pago do grao I e II fora, de ser o caso, en tres anualidades, chegando ao 80% do importe total do grao en xaneiro de 2023. Garantindo o carácter retroactivo do pago dos graos I e II a xaneiro do ano en curso.

As contías anuais que se perciban por este complemento devindicaranse en 12 mensualidades (actualizadas anualmente coa porcentaxe de incremento que establezan as sucesivas leis de orzamentos para a retribución do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia), e serán as seguintes (por cada grao):

CARREIRA ADMINISTRATIVA PERSOAL FUNCIONARIO CARREIRA/INTERINO

Grao I – II

A1

A2

C1

C2

AP

Importe total*

2.589,12 €

1.812,00 €

1.291,20 €

991,80 €

801,48 €

2022 (60%)**

1.553,47 €**

1.087,20 €**

774,72 €**

595,08 €**

480,89 €**

2023 (80%)

2.071,30 €

1.449,60 €

1.032,96 €

793,44 €

641,18 €

2024 (100%)

2.589,12 €

1.812,00 €

1.291,20 €

991,80 €

801,48 €

*Importes anualidade 2022 sen incluír o incremento do 1,5% aprobado sobre o 2% establecido inicialmente para esta anualidade.

**Importe completo a abonar nun único pago, correspondente a toda a anualidade 2022.

 a)- Acceso extraordinario ao grao II do para aquel persoal funcionario que xa teña recoñecido o grao I e acredite once anos de antigüidade a 31.12.2021.

b)- Acceso extraordinario ao grao I para aquel persoal funcionario que acredite cinco anos de antigüidade a 31.12.2021.

No segundo semestre do ano 2024, a Dirección Xeral da Función Pública publicará a convocatoria para que aqueles/as que teñan recoñecido o grao II, e cunha antigüidade de 17 anos, poidan solicitar o encadramento no grao III. O dito grao será recoñecido con efectividade do 1 de xaneiro 2025, segundo sexa o caso, a aqueles que cumpran os requisitos establecidos.

Sentido do voto:

UGT: a favor. CIG: en contra. CCOO: a favor. CSIF: a favor.

COMPLEMENTO DE DESEMPEÑO DO POSTO DE TRABALLO

UGT solicitou e ACADOU o desbloqueo da carreira profesional anulada por sentenza firme do TSXG á demanda presentada pola CIG, negociando este novo acordo para que todo o persoal da Admón pública galega, como xa se recollía no acordo de xullo de 2019 apoiado por este sindicato, que incluía ao persoal laboral, teña dereito a este complemento con independencia do seu vinculo xurídico coa da Administración autonómica.

O presente complemento de desempeño para o persoal laboral da Xunta de Galicia ten por finalidade establecer para o persoal laboral un complemento equivalente ao establecido para o persoal funcionario na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015. Será de aplicación ao seguinte persoal: (persoal laboral fixo, persoal laboral indefinido non fixo, persoal laboral fixo-descontinuo e persoal laboral temporal da Xunta de Galicia).

Aquel persoal laboral fixo que non superou o proceso de funcionarización, ou que renunciou voluntariamente ao mesmo ou que non se presentou na primeira convocatoria realizada, poderá optar a participar nun novo proceso, que se convocará no prazo de 6 meses desde a sinatura deste acordo. Neste caso o persoal incluído nestes supostos poderá solicitar o recoñecemento do grao I do complemento de desempeño, sempre que asinen o compromiso para participar e superar o correspondente proceso de funcionarización.

As características deste complemento son idénticas ás do complemento de carreira administrativa, recollido no punto primeiro deste documento. Aquel persoal laboral que, estando incluído no ámbito de aplicación subxectivo, teña recoñecido o grao I do complemento de carreira profesional ao abeiro da Orde do 28.03.2019, considerarase que equivale ao grao I do complemento de desempeño.

Sentido do voto:

UGT: a favor. CIG: en contra. CCOO: a favor. CSIF: en contra.

BAREMO CRITERIOS XERAIS CONVOCATORIAS PROCESOS SELECTIVOS DERIVADOS DA LEI 20/2021

Despois de meses de negociacións entre a DXFP e as OOSS, na que partimos de posicións moi distantes ala polo mes de maio, chegamos ao día de hoxe cun documento traballado, consensuado e mellorado polas aportacións das partes e do persoal e colectivos afectados, no que ademais, se tiveron en conta aquelas cuestións tratadas axeitadamente, ao noso entender, nos documentos de traballo e publicacións doutras administracións, en aras á definición dun documento de amplo consenso, de ampla garantía legal e de axilidade para a súa implementación.

Os principais fitos acadados froito das negociacións e alegacións achegadas tanto por UGT, como polas outras OOS presentes na mesa, e que poderíamos resumir nas seguintes cuestións:

  • A data de valoración dos méritos será a data da publicación da correspondente convocatoria do proceso selectivo no Diario Oficial de Galicia.
  • A diferenciación nos órganos convocantes na Administración e no Sector público autonómico, tendo en conta a inclusión ou non do prazas a convocar no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia.
  • A diferenciación, en virtude do establecido no punto anterior, da puntuación establecida entre a experiencia na entidade convocante fronte a outras. Nos procesos selectivos de concurso-oposición (diferenciase entre 0,25 puntos mes e 0,125 puntos/mes) e nos de sistema de oposición (diferenciase entre 0,30 puntos mes e 0,125 puntos/mes).
  • A utilización dos servizos prestados na Administración autonómica galega, primeiro na categoría, corpo ou escala obxecto da convocatoria, e despois, en calquera categoría, como criterio de desempate trala infrarrepresentación do sexo feminino.
  • O establecemento das seguintes porcentaxes na distribución das baremacións, segundo se trate dos procesos selectivos de concurso-oposición (60% a oposición e 40% os méritos) ou oposición (70% experiencia profesional acreditada na Administración ou entidade convocante, na propia escala ou categoría profesional da convocatoria ou en escala ou categoría profesional equivalente e 30% outros méritos).
  • O apartado outros méritos distribúese nos procesos selectivos de concurso-oposición (30% experiencia profesional e 10% cursos de formación e galego) e os de concurso(70% experiencia profesional e 30% cursos de formación, galego e superación de exercicios ou probas de procesos selectivos, incluídas as probas físicas que forman parte de procesos selectivos). Respecto aos cursos, inclúense especificamente os do INEM.
  • Os entes instrumentais aplicarán os criterios recollidos neste acordo, pero atendendo as súas especificidades poderán modificar o apartado doutros méritos, previamente negociada coas OOSS e informada favorablemente pola DXFP.
  • Constará en acta, que “as convocatorias dos procesos selectivos, tras a negociación coas OOSS, valorarán os servizos prestados en SEAGA, naquelas escalas nas que realizouse unha creación de prazas na Consellería do Medio Rural coa correlativa supresión de prazas en SEAGA”.
  • Sentido do voto UGT: a favor. CIG: en contra. CCOO: a favor. CSIF: en contra.
  • RACIONALIZACIÓN DOS PROCESOS DE ELECCIÓNS SINDICAIS E DETERMINACIÓN DOS ÁMBITOS ELECTORAIS DO PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA DXFP 
  • 1.- Adiamento dos procesos electorais como única garantía para dar cumprimento ao dereito das persoas traballadoras a elixir aos seus representantes. Polo que, se deben acomodar e acompasar as eleccións sindicais as tomas de posesión derivadas da estabilización e da funcionarización.
  • Os procesos de funcionarización e os derivados da Lei 20/21, as modificacións das RPTs para adaptalas a esta nova situación, as coberturas de postos que antes se facían con persoal laboral temporal e agora estánse realizando con persoal funcionario interino…, son procesos que afectan tanto as eleccións do persoal laboral ao descender drasticamente os censos como no ámbito funcionarial ao incrementarse os censos de forma continua, coa resolución sucesiva de ditos procesos.

    As eleccións sindicais de facerse no 2023 quedarían sen virtualidade, co decaemento da condición de persoas delegadas ao cambiar o seu vinculo xurídico, a desaparición ou redución de membros dos comités de empresa e en moitos casos coa imposibilidade do exercicio do dereito ao sufraxio activo e pasivo dunha grande parte das persoas traballadoras, que muden a súa relación xurídica no período electoral. Noutros casos seria necesario, seguramente, repetir un grande número delas co consecuente prexuízo para todos: Administración, Organizacións Sindicais e electores.

    Non chegar a racionalizar o proceso nesta situación implicaría uns efectos negativos para o normal desenvolvemento dos procesos electorais. Primeiro; decaerían representantes elixidos e terían que repetirse moitas eleccións de comités ou delegados de persoal cos censos resultantes de persoal laboral non funcionarizado; segundo; as xuntas de persoal quedarían infrarrepresentadas dado que o transvase e conseguinte incremento dos censos de funcionarios, que as deberían compoñer polos procesos de funcionarización e estabilidade, sería posterior as datas de votación.

    Polo tanto, a DXFP é as organizacións sindicais da Mesa xeral acordamos adiar o calendario, con votacións no último cuadrimestre do ano 2024, e realizar todo o proceso en 4 meses en lugar de ano e medio, como fora o anterior.

    2.- Homologar os ámbitos electorais de persoal funcionario e persoal laboral establecendo CINCO ámbitos electorais de persoal funcionario e CINCO de persoal laboral, por cada unha das provincias agrupando as consellerías e entes delas dependentes incluídos na Relación de Postos de Traballo ou no V convenio colectivo do persoal da xunta de Galicia do seguinte xeito:

    1.-Presidencia da Xunta de Galicia, Vicepresidencia 2ª e Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes; Facenda e Administración Pública; Promoción de Emprego e Igualdade.

    2.-Vicepresidencia 1ª e Consellería de Economía Industria e Innovación; Infraestruturas e Mobilidade.

    3.-Medio Rural, Medio Ambiente Territorio e Vivenda; Mar

    4.-Cultura, Educación, Formación, Profesional e Universidades.

    5.-Política Social e Xuventude; Sanidade.

    E establecer un ámbito electoral do persoal funcionario e outro de persoal laboral nos Servizos centrais de todas as Consellerías, Organismos Autónomos, Axencias, e Casa de Galicia en Madrid, con sede en Santiago de Compostela.

    As unidades electorais poderán adecuarse para os vindeiros procesos electorais atendendo ao cambio de estrutura orgánica da Xunta de Galicia ou á evolución dos censos das diferentes unidades electorais.

    Sentido do voto:

    UGT: a favor. CIG: a favor. CCOO: a favor. CSIF: a favor.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.