Sectores

Proxecto de Lei incremento salarial do 1,5% derivado do acordo estatal asinado por UGT


Recibiuse hoxe a convocatoria para o vindeiro día 2 as convocatorias de Mesa Xeral Extraordinaria e Comisión de Persoal Extraordinaria, entre as que consta nos puntos da orde do día a:

Acordo asinado por UGT co Goberno do Estado, fixo que a Administración Xeral do Estado aproba unha subida adicional do 1,5% das retribucións do persoal ao servicio do sector público co gallo de compensar os efectos da inflación, por medio do Real Decreto-lei 18/2022 de 18 de outubro, que no seu artigo 23 aproba, con efectos do 1 de xaneiro do 2022, ese incremento adicional do 1,5 por cento respecto ás retribucións vixentes a 31 de decembro de 2021.

O dito Acordo como normativa de carácter básica, é trasladado á nosa Comunidade Autónoma, facendo que o incremento salarial do persoal empregado do sector publico autonómico será dun máximo do 3,5 por cento con carácter consolidable, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2022. Este incremento adicional do 1,5% ao xa previsto do 2% nos orzamentos do ano 2022 materializarase no mes de decembro deste ano, aboándose como atrasos o incremento correspondente aos meses de xaneiro a novembro.

 

UGT segue defendendo recuperar poder adquisitivo coa restitución da retribución complementaria por carreira profesional co fin de paliar a perda dos salarios das empregadas e empregados públicos da Xunta de Galicia. Así o demostramos, votando a favor, hoxe na Comisión de Persoal

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.